Mar García Rodríguez

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Female
Birth1967
Age58 years
The details

Biography

María do Mar García Rodríguez, nada en Madriñán (Lalín) en 1967, é unha escultora e pintora galega. Actualmente imparte clases de plástica no IES Laxeiro de Lalín.

Traxectoria

Mar García é licenciada en Belas Artes na especialidade de escultura pola facultade de BB.AA. da Universidade de Salamanca. Durante os anos que estivo estudando (1987-1991), a artista conseguiu varias bolsas: unha Bolsa de Pintores Pensionados en Segovia no 1988, e unha Bolsa de Colaboración en Escultura durante o curso 1990-91 na facultade de Salamanca. Os primeiros premios da súa carreira como escultora recibiunos entre os anos 1987 e 1988 na Escuela de Nobles y Bellas Artes de Sam Eloy en Pintura I e Pintura II, pertencente á Caja de Ahorros y M.P. de Salamanca. En 1997 participou nunha exposición colectiva celebrada na Galería Sargadelos de Ourense. Nese mesmo ano amosou as súas obras na reunión que baixo o título Nós Outras se celebrou na librería María Balteira de Santiago de Compostela. Este ano foi o máis completo da súa actividade, participando tamén en dúas exposicións colectivas celebradas en Lalín. A súa primeira individual foi no Concello de Silleda, en 1998; nese mesmo ano presentou, con ocasión da celebración da feira Turiarte’98 na Fundación Semana Verde de Silleda, unha obra que se inspira na natureza; cores frías que semellan o mar embravecido a través dunha composición que ronda a abstracción. Tres anos despois, no 2001, presentaba, con motivo da V Bienal Pintor Laxeiro celebrada no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, a obra Roda sen ti; unha obra mixta de óleo sobre lenzo e madeira e de formato circular, semellando unha roda, que ofrece unha paleta de cores na que unha man que sobresae fai referencia á predilección da artista pola escultura. A mestura de materiais propón o desexo da autora por afastarse da pintura tradicional e deixar fluír a súa imaxinación.

Exposicións e certames

  • 1987:
  • Caja de Ahorros y M.P. de Salamanca.
  • 1988:
  • Caja de Ahorros y M.P. de Salamanca.
  • Torreón de Lozoya. Salamanca.
  • 1991:
  • Museo de Salamanca.
  • 1994 Restaurante Zarampallo, Ourense.
  • "10 anos de Algarabía". Museo Ramón Mª Aller de Lalín.
  • Museo Municipal "Ramón Mª Aller" de Lalín.
  • 1996:
  • Casa de Cultura de Xinzo de Limia.
  • 1997:
  • Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.
  • 1998:
  • "Turiarte", recinto Semana Verde de Galicia, Silleda.
  • 1999:
  • Cafetería Copacabana de Lalín.
  • 2000:
  • Fundación Xoán Piñeiro, Museo Quiñones de León, Vigo.
  • 2001:
  • "Arte Solidaria", Museo Municipal Ramón Mª Aller de Lalín.
  • V Bienal Laxeiro, Museo Municipal Ramón Mª Aller de Lalín.
  • 2º Premio Galería Burela 2001, concello de Burela.
  • Publicación-Ilustración O Primeiro Partido de Fútbol. Ed. Fervenza.
  • Colectiva Hostal dos Reis Católicos, Santiago de Compostela.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.