Manuel Villar Iglesias

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth30 November 1879
Death30 December 1949 (aged 70 years)
The details

Biography

Manuel Villar Iglesias nado en Noia o 30 de novembro de 1879 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 1949, foi un médico, profesor e político galego.

Traxectoria

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, foi alumno agregado do Hospital Clínico e licenciouse en 1900. Doutorouse en 1904 cunha tese sobre as enfermidades venéreas, á pel e as vías urinarias. Ese mesmo ano trasladouse a París e Bruselas para ampliar estudos. En 1905 foi nomeado profesor auxiliar extraordinario da Facultade de Medicina da USC. En 1910 marchou a Frankfurt, pensionado pola Deputación da Coruña, para proseguir a súa especialización. En 1911 foi designado profesor especial das enfermidades das Vías Urinarias na USC. En 1931 foi elixido encargado da cátedra de Dermatoloxía e Sifilografía. Foi director do Hospital de San Roque. Foi académico da Real de Medicina da Coruña, membro da Asociación Española e da Sociedade Internacional de Uroloxía. Foi alcalde de Santiago de Compostela en 1930 por un breve período.


Predecesor:
Fernando Alsina González
 
Alcalde de Santiago
 
1930
Sucesor:
Felipe Gil Casares

Obras

  • Contribución al estudio de la uretrotomía interna, 1904.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.