Manuel Vidal Villaverde

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth1946, Vigo, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Age79 years
The details

Biography

Manuel Vidal Villaverde, nado en Vigo en 1946, é un xornalista e poeta galego.

Traxectoria

Ten colaborado como xornalista en El Progreso e Faro de Vigo, e faino actualmente en Galicia Hoxe e en Atlántico Diario, con artigos preferentemente literarios.

Ten publicado tamén diversos traballos nas revistas Man Común, Grial e Cuadernos para el diálogo, e mostras do seu labor poético en Coordenadas (poesía galega actual) e en Nordés. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Obra

Poesía

  • Luceiros fuxidíos, 1994, Espiral Maior.
  • A sombra do inimigo, 1998, Espiral Maior.
  • Palabras para cando ti e mais eu sexamos vellos. Publicado en internet.

Ensaio

  • Contra o tempo, 2003, Laiovento.
  • Manuel María: entre santos e navallas, 2016, Laiovento.

Obras colectivas

  • Alma de beiramar, 2003, AELG.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.

Traducións

  • Soñar en Roncesvalles, de Francisco Javier Ocaña Eiroa, 1995, Xunta de Galicia. Do castelán para o galego.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.