Manuel Vicente

Spanish politician
The basics

Quick Facts

IntroSpanish politician
PlacesSpain
isPolitician Merchant
Work fieldBusiness Politics
Gender
Male
Birth1875, Tomiño, Pontevedra Province, Spain
The details

Biography

Manuel Vicente Alonso, nado en Estás (Tomiño) en 1875, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria

Comerciante establecido no Cotro. Secretario de La Aurora del Porvenir na ditadura de Primo de Rivera. De filiación agraria, coa proclamación de República foi elixido concelleiro de Tomiño. Foi nomeado alcalde de Tomiño en setembro de 1934. Foi cesado como alcalde a finais de outubro de 1934. O 6 de outubro de 1935 foi nomeado presidente do Padroado da Fundación Peirópolis de Estás instituída por Abdón Alonso Alonso. Foi reposto como alcalde logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido polos sublevados. Xulgado en Vigo por adhesión á rebelión, foi condenado a pena de morte. Foille conmutada a pena pola de cadea perpetua. Foi destituído do Padroado da Fundación Peirópolis polas autoridades franquistas en xaneiro de 1938. Sufriu expediente de responsabilidades políticas resultando cunha sanción económica.


Predecesor:
Daniel Calzado Poceiro
 
Alcalde de Tomiño
 
1934
Sucesor:
Gerardo Fernández Troncoso
Predecesor:
Gerardo Fernández Troncoso
 
Alcalde de Tomiño
 
1936
Sucesor:
Francisco Pino Carrera

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 25-9-1924, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 6-1-1932, p. 11.
  3. El Pueblo Gallego, 18-9-1934, p. 15.
  4. El Pueblo Gallego, 30-10-1934, p. 13.
  5. El Pueblo Gallego, 10-10-1935, p. 13.
  6. El Pueblo Gallego, 1-2-1938, p. 9.
  7. El Pueblo Gallego, 29-12-1940, p. 5.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 22 Jul 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.