Manuel Soto Freire, nado en Lugo o 26 de xaneiro de 1826 e finado en Pantón o 27 de marzo de 1897, foi un xornalista e editor galego.
Traxectoria
Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras.
Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1860), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El Boletín del Clero (1861), El Gallego (1867), La Paz (1869-1873), La Fe (1873) e El Lucense (1883). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Almanaque de Galicia (1858), Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia.
Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de Manuel Murguía, e a Gramática Gallega (1868) de Saco y Arce, amais de obras de Rosalía de Castro. Foi autor do ensaio La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico (1892), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.
Galería de ficheiros
Arquivos en formato PDF. |
---|
| Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono, 1866 |
| Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia, José Villa-amil, 1873. |
| Descripcion histórico-artística-arqueológica de la Catedral de Santiago, 1866. |
| Gramática gallega, 1868, Juan Antonio Saco y Arce. |
| Historia de Galicia por Manuel Murguía, tomo I, 1865. |
| Horas de inspiración, Emilia Calé, 1867. |
|
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas