Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
A.K.A. | Manuel Portas Fernández | |
A.K.A. | Manuel Portas Fernández | |
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 1 January 1960, Barcelona | |
Age | 65 years |
Biography
Manuel Portas Fernández, nado en Barcelona en 1960, é un escritor e sociolingüista galego.
Traxectoria
É profesor de Lingua e Literatura no Instituto Xelmírez I, de Santiago de Compostela, centro que dirixiu dende o ano 1987 até 1996, impulsando a súa galeguización.
Publicou, entre outras, Língua e sociedade na Galiza (1991), unha obra que promove a sensibilidade social cara á lingua, e que realiza unha historia da lingua galega desde unha perspectiva sociolingüística. No mundo do idioma, ademais de desempeñar postos na dirección da Associaçom Galega da Língua, foi membro da comisión fundadora da Mesa pola Normalización Lingüística. Participou na fundación da Mesa pola Normalización Lingüística e coordinou a Revista Enclave, sendo tamén membro do Consello de Administración do xornal A Nosa Terra. Foi responsábel local do BNG e concelleiro en Santiago de Compostela.
En 2010 publicou a súa primeira novela, Denso recendo a salgado.
Obras
Ensaio
- Língua e sociedade na Galiza, 1991, Baía Edicións.
Narrativa
- Denso recendo a salgado, 2010, Xerais, novela.
- Un dedo manchado de tinta, 2011, Xerais, novela.
- Faneca Brava, 2013, Xerais, novela.
- Amor en alpargatas, 2015, Xerais. novela.
- Lourenço, xograr, 2015, Galaxia, novela.
Obras colectivas
- Estudo Crítico das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, 1983, AGAL.
- Prontuário Ortográfico do Galego, 1985, AGAL.
- Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1986, AGAL.
- A formazón de novos campos léxicos, 1986.
Premios
- Premio García Barros en 2015, por Lourenço xograr.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha do autor en Xerais
- Manuel Portas na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Entrevista de Literatura Galega do século XX do IES Manuel García Barros.