Manuel Luís Acuña

Spanish journalist
The basics

Quick Facts

IntroSpanish journalist
PlacesSpain
wasJournalist
Work fieldJournalism
Gender
Male
Birth3 October 1899, Sobrado, A Pobra de Trives, A Pobra de Trives, Ourense Province, Spain
Death19 August 1975Ourense, Ourense Province, Galicia, Spain (aged 75 years)
Star signLibra
The details

Biography

Manuel Luís Acuña Sarmiento, nado en Sobrado (A Pobra de Trives) o 3 de outubro de 1899 e finado en Ourense o 19 de agosto de 1975, foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria

Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa súa familia. Tras facer maxisterio por libre ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, exercendo en Ourense, A Coruña e Madrid. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región e foi membro do consello de redacción de Escuela del Trabajo. Militante do Partido Galeguista trala guerra civil foi depurado e viuse obrigado a dedicarse ao ensino privado.

Integrante da Xeración do 31, é autor dun único libro, Fírgoas (1933, editorial Nós), que a comezos do século XXI sería incluído na Biblioteca Galega 120.

Galería de imaxes

Retrato en Vida Gallega, 1929. 
Retrato en Vida Gallega, 1934. 
A Manuel Luís Acuña na Pobra de Trives. 
Retrato en Vida Gallega, 1929. 
Retrato en Vida Gallega, 1934. 
A Manuel Luís Acuña na Pobra de Trives. 

Notas

  1. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  • Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 
  • Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 10. 
  • Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0. 

Outros artigos

  • Depuración franquista do maxisterio

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 14 Jul 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.