Manuel Iglesias López

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth22 January 1870
Death1955 (aged 84 years)
The details

Biography

Juan Manuel Iglesias López, nado en Carbia (Vila de Cruces) o 22 de xaneiro de 1870 e finado en 1955, foi un mecánico e inventor galego.

Traxectoria

En 1884, con 14 anos, emigrou a Arxentina. Traballou nunha chacra en San Isidro, nunha carpintería en san Isidro, onde aprendeu o oficio, e despois ingresou nos talleres do Ferrocarril Central Argentino onde espertou o seu interese pola mecánica. Instalouse coa familia en Campana (Provincia de Buenos Aires) e construíu un torno rudimentario, co que fixo algunhas pezas de automóbil. Finalmente en 1907 rematou a construción do primeiro automóbil da Arxentina, que os veciños de Campana bautizaron co nome de Mataperros.

Vida persoal

Casou con María Mantelini en 1896.

Recoñecementos

Campana dedicoulle unha estatua e o concello de Vila de Cruces dedicoulle unha rúa na vila.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.