Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Death | 3 September 1959 |
The details
Biography
Manuel García Rodríguez, Porco, nado en Langullo (parroquia de Cesuris, Manzaneda) e finado en Ourense o 3 de setembro de 1959, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
No monte dende xullo de 1936, pertenceu ao grupo de Mario de Langullo. De carácter violento, fixo honra aos alcumes de Verdugo e Sarxento, foi o autor do asasinato do cura de Cesuris e de numerosos atracos. Mario de Langullo acabou por expulsalo do grupo. Agochado dende 1945 na casa de Gumersinda Rodríguez en Placín, foi denunciado pola muller que o albergaba e arrestado o 7 de novembro de 1958 en Pena Folenche (A Pobra de Trives). Xulgado en Ourense en consello de guerra, foi condenado a garrote vil e executado na cadea da cidade o 3 de setembro de 1959.