Manuel Castro Rodríguez

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth1916
Death1946 (aged 30 years)
The details

Biography

Manuel Castro Rodríguez, nado en Castro Caldelas en 1916 e finado en Alcalá de Henares en 1946, foi un militar galego.

Traxectoria

Membro do Partido Comunista de España, foi Comisario político do V Rexemento do Exército Republicano. Logo do remate da Guerra Civil exiliouse en Francia e entrou na resistencia contra os alemáns e o réxime de Vichy, acadando o grao de tenente xeneral, mandou o batallón de Tarbes e a 26ª Agrupación Guerrilleira. En 1944 o PCE enviouno a Galicia para organizar os grupos guerrilleiros antifranquistas do país. En outubro de 1944 presidiu a xuntanza de Abegondo á que acudiron Manuel Ponte, José Ramuñán Barreiro, Francisco Rey Balbís, Chema Urquiola, Adolfo Allegue Allegue, Juan Pérez Dopico e outros responsábeis das guerrillas, e na que lles expón as consignas da Unión Nacional Española e acórdase a constitución do Exército Guerrilleiro de Galicia. Intentou axudar a Cristino García Granda a facer o mesmo cos grupos que operaban nas serras de Gredos e Guadarrama pero non deu os resultados que procuraba. O 13 de xuño de 1945 nun enfrontamento entre a Garda Civil e Manuel Castro e os seus homes morreron cinco guerrilleiros, os superviventes movéronse cara a Madrid para tentar relanzar a resistencia urbana. O 20 de outubro a policía detivo a Cristino García, Manuel Castro e varios dos seus homes. O 21 de febreiro de 1946 Manuel Castro Rodríguez foi fusilado na cidade de Alcalá de Henares.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
  •  
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.