Manuel Castro Pena

mestre e político galego
The basics

Quick Facts

Intromestre e político galego
PlacesSpain
isTeacher Politician
Work fieldAcademia Politics
Gender
Male
BirthA Estrada
Death31 October 1978Parada
The details

Biography

Manuel A. de Castro Pena, nado na Estrada e finado en Parada o 31 de outubro de 1978, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Fillo de Serafín Castro García. Foi mestre de Rubín e en 1934 pasou á escola da Estrada; foi presidente da Asociación de Maestros Nacionales da Estrada. Foi nomeado por José Antonio Primo de Rivera delegado de Falange Española de Pontevedra. O 1 de maio de 1936 foi detido xunto cos seus irmáns por quitarlle a bandeira que guiaba a manifestación obreira da Estrada. A principios de xullo de 1936 foi nomeado Xefe Provincial de Falange de Pontevedra. Poucos días antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte con outros dez camaradas de Pontevedra, e non retornaron á cidade até o triunfo da sublevación. En xaneiro de 1937 foi destituído como xefe provincial de Falange, sendo substituído por Jesús Suevos. En xullo de 1938 foi nomeado Delegado de Investigación e Información de FET y de las JONS de Ourense. En 1939 pasou a traballar para a Secretaría Política do Ministerio da Gobernación.

Vida persoal

Casou con María Sara Meijide Salgado en 1931, e foi pai de José Luis, Juan José, María de la Paz, Marina, Manuel, María del Carmen e Rafael de Castro Meijide.

Notas

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-1978, p. 49.
  2. Primeiro de maio de 1936
  3. El Pueblo Gallego, 20-1-1937, p. 8.
  4. El Pueblo Gallego, 24-7-1938, p. 29.
  5. El Noticiero Gallego, 11-3-1939, p. 3.
  6. El Emigrado, 7-2-1931, p. 1.

Véxase tamén

Bibliografía

  • "El 18 de julio en La Estrada" por Mario Blanco Fuentes. A Estrada, Miscelánea Histórica E Cultural, 6 (2003).

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 06 Sep 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.