Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 4 June 1894 | |
Death | 23 March 1952 (aged 57 years) |
Biography
Manuel Cao Turnes, nado en Calzande (Vedra) o 4 de xuño de 1894 e finado en Buenos Aires o 23 de marzo de 1952, foi un empresario, político e xornalista galego.
Traxectoria
Chegou a Arxentina en 1907, onde chegou a ser titular e xerente de Establecimientos Ortopédicos Argentinos. En abril de 1913, xunto cun grupo de veciños de San Xián de Sales que residían na capital arxentina e que formaban parte da Sociedad de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, fundou a Sociedad Unión y Progreso de San Julián de Sales. En decembro de 1915 foi elixido presidente da Sociedade para o período 1916-1917 pero uns meses máis tarde, abandonou a presidencia para viaxar a Galicia.
De 1915 a 1920 comezo a colaborar coa revista Teo de orientación esquerdista e agrarista, que chegou a dirixir. O 24 de setembro de 1921 comezou o congreso constituínte da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales no que participaron doce sociedades, entre elas Unión y Progreso que dirixía Cao Turnes. Foi elixido dirixente da Federación e membro do comité de prensa de El Despertar Gallego. En 1921 casou con María Olimpia Corral, emigrante natural do concello de Rábade. Mantívose na dirección da Federación da que foi secretario xeral entre 1924 e 1926 e 1933 e 1935. En 1936 promoveu a creación dun comité pro fronte único de esquerdas en apoio á Frente Popular e despois propiciou a unión das dúas Federacións. Impulsou a agrupación A Terra no Centro Gallego de Bos Aires e pasou a actuar alí en 1938 deixando as súas tarefas na Federación.