Manuel Cabezas

Spanish politician
The basics

Quick Facts

IntroSpanish politician
PlacesSpain
isPolitician
Work fieldPolitics
Gender
Male
Birth14 November 1953, Ourense, Spain
Age71 years
Star signScorpio
The details

Biography

Manuel Jaime Cabezas Enríquez, nado en Ourense o 14 de novembro de 1953, é un empresario e político galego.

Traxectoria

Enxeñeiro agrónomo, comezou a súa carreira profesional como xerente da Cooperativa Vinícola do Ribeiro. Membro do Partido Popular, foi deputado pola provincia de Ourense no Congreso dos Deputados (1993-1995) e despois alcalde de Ourense desde 1995 ata 2007. Foi o primeiro alcalde popular en celebrar unha voda entre homosexuais, polo que recibiu a crítica do bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiúza. No ano 2006 anunciou que non se presentaría ás eleccións municipais de 2007, e dimitiu como alcalde en xaneiro de 2007, deixándolle o seu posto ao vindeiro candidato do PP Enrique Nóvoa López. Porén mantivo o escano no Senado que ocupou desde o 2004 e no que cesou no ano 2008. Dende esa data volveu adicarse ás súas empresas.


Predecesor:
Manuel Veiga Pombo
 
alcalde de Ourense
 
1995−2007
Sucesor:
Enrique Nóvoa López
Predecesor:
Julio Álvarez Núñez
 presidente da Fegamp 
1999−2003
Sucesor:
Xosé Crespo Iglesias

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. 

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Ourense
  • Lista de senadores galegos desde a Transición
  • Federación Galega de Municipios e Provincias

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 24 Jun 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.