Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 1 May 1842 | |
Death | 25 April 1871 (aged 29 years) |
The details
Biography
Manuel Ángel Corzo Sueiro, nado en Santiago de Compostela o 1 de maio de 1842 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1871, foi un escritor galego.
Traxectoria
Fillo de Fernando Corzo Gago. Comezou a carreira eclesiástica, que abandonou para emprender os estudos de Dereito que non chegou a rematar pola súa morte. Publicou os seus primeiros versos en El Miño. Foi secretario de redacción nos dous primeiros números de La Joven Galicia e logo colaborador habitual. Foi poeta e cultivou o ensaio literario. No Album de la Caridad publicou o poema "A media noche". Asinaba moitas veces como M. A. Corzo.
Obras
- El cancionero de Galicia. Colección de leyendas históricas y tradiciones populares de Galicia. Escritas en verso y enriquecidas con notas históricas y biográficas, 1861. Entre as que figuran "La Torre de Mesías", "Celia" e "Por amor morir traidor".
- Las víctimas de Carral. Novela escrita sobre los últimos acontecimientos de Galicia, 1862. Da que por prohibición gobernamental só se publicou un caderno coas 16 primeiras páxinas.
- Consideraciones sobre el teatro.
Vida persoal
Casou con Rosa Puig Vilomara en 1864, que morreu en 1867.