Manuel Acuña Malvar

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth16 April 1757
Death1 March 1845 (aged 87 years)
The details

Biography

Manuel Acuña Malvar, nado en Matalobos (Salcedo, Pontevedra) o 16 de abril de 1757 e finado en Artes (Ribeira) o 1 de marzo de 1845, foi un relixioso e escritor galego. Foi sobriño de Sebastián Malvar Pinto e irmán de Pedro Acuña Malvar.

Traxectoria

Foi sacerdote en Carreira (Ribeira), cóengo da catedral de Santiago e arquidiácono do Salnés. Cabaleiro da Orde de Carlos III, foi tamén gobernador de Tui.

A comezos do século XIX apoiou a aparición na Universidade de Santiago de Compostela dun grupo liberal da man de Bazán de Mendoza e González Varela. Porén, o grupo foi perseguido polo arcebispo Múzquiz, e en 1803 foi desterrado a Aniago (provincia de Valladolid).

Cando comezou a Guerra da Independencia Española atopábase en Sevilla. En xaneiro de 1809 reuniuse no Castelo de Monterrei canda ao tenente coronel Manuel García del Barrio e o alférez Pablo Morillo. A Xunta Suprema do Reino de Galicia comisionounos ante Pedro Caro y Sureda para fomentar a guerrilla en Galiza. Loitou en Tui, Vigo, na batalla de Ponte Sampaio e en Pontevedra en Campolongo e Ponte Boleira. Foi nomeado comisario do Arsenal de Ferrol tras llo arrebatar ás tropas francesas. Rematada a guerra regresou a Sevilla.

Comezou a colaborar coa prensa liberal, como El Ciudadano por la Constitución da Coruña ou El Patriota Compostelano e La Gaceta Marcial de Santiago, desde os cales atacou a Múzquiz e ao cabido acusándoos de absolutistas. Tralo regreso ao trono de Fernando VII foi encarcerado seis anos no convento de Herbón canda a Diego Muñoz Torrero. En 1820 foi liberado polas tropas ao mando do coronel Acevedo, mais foi apresado de novo pouco despois. Xa maior, retirouse á unha propiedade en Artes, chamada La Soledad.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Couceiro Freijomil, Antonio (1951): "Acuña y Malvar, Manuel". Entrada en Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores, tomo I, páx. 10 (en castelán).
  •  
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.