Luís Álvarez Pousa

Spanish journalist
The basics

Quick Facts

IntroSpanish journalist
PlacesSpain
isJournalist
Work fieldJournalism
Gender
Male
Birth8 March 1948
Age76 years
The details

Biography

Luís Álvarez Pousa, nado en Vila de Rei (Trasmiras) o 8 de marzo de 1948, é un profesor galego titular de Xornalismo, especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

Traxectoria

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid; doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Colabora sobre temas de comunicación, cultura e xornalismo en diversas revistas especializadas, tendo impartido sobre estas cuestións numerosas conferencias dentro e fóra de Galicia.

Grupo Voz

Exerceu como xornalista en La Voz de Galicia durante 23 anos, xornal no que foi o seu primeiro cronista político nos anos da Transición, creando e dirixindo ata 1984 o seu primeiro Suplemento de Cultura. No grupo Voz ocupou así mesmo outros cargos de responsabilidade: coordinador xeral de Video Voz-TV, primeiro, e coordinador xeral da Multimedia Voz, despois, deixando daquela o grupo para incorporarse como profesor ó equipo que puxo en marcha a Facultade de Ciencias da Comunicación. Durante os anos 90, mantivo en La Voz de Galicia canda o debuxante Miguelanxo Prado a sección de opinión "A contratempo". Dous dos premios que lle foron concedidos tiñan relación coa súa actividade xornalística: o Café del Bolengo (1985) ó mellor labor de opinión en Galicia, e o Atlántida-2003 que lle concedeu o Gremi d’Editors de Catalunya "pola súa traxectoria como promotor cultural e como xornalista cultural". Tamén recibiu o premio da Crítica de Ensaio e Pensamento 2000 pola súa obra A identidade fronte á rede.

Revistas e outras actividades

Fundador das revistas Teima e Tempos Novos, que dirixe na actualidade. É tamén membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), e membro dos consellos de redacción das revistas Tempo Exterior e Criterios. Traballou tamén nos medios audiovisuais: dirixiu e presentou Encontros, o primeiro debate na historia da TVG, e o programa semanal Extramuros, sobre as culturas europeas na canle galega. É contertulio fixo desde hai dous anos no programa Ganbara, de Radio Euskadi.

A principios dos 70 puxera en marcha e dirixiu as históricas Xornadas do Cine en Ourense. Entre o 9 de novembro de 1983 e o seu cesamento o 4 de xaneiro de 1985 foi director xeral de Cultura, na Xunta de Galicia, promovendo actuacións dinamizadoras e dotando a Galicia dunha infrastrutura cultural creando entón o Centro Dramático Galego e o Arquivo da Imaxe. Na Televisión de Galicia presentou e dirixiu os programas Encontros (1986) e Extramuros (1988).

É o director do Observatorio Galego dos Medios do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

É autor do poema "Sementeira", musicado por Fuxan os Ventos e que se converteu nunha das cancións máis populares en lingua galega.

Obra en galego

Poesía

  • Os cas da vida, 1972, Xistral.

Ensaio

  • Prensa ameazada. Desde a transición ó fraguismo, Edicións Lea.
  • A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na Sociedade da Información, 1999, Xerais.

Obras colectivas

  • Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos.
  • Globalización e cambio de milenio, Xerais.
  • Claves para unha información non sexista, 2010, Atlántica de Información e Comunicación de Galicia. Coordinador con Belén Puñal Rama.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.

Edicións

  • A contrapelo, de Eduardo Blanco Amor, La Voz de Galicia.
  • Figuracións, de Luís Seoane, La Voz de Galicia.

Estes libros foron publicados na colección Biblioteca Gallega, da que tamén foi coordinador editorial.

Obra en castelán

Obras colectivas

  • Periodismo de Fuente, Universidade Pontificia de Salamanca.
  • Periodismo Especializado, Ariel.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.