Luís Aguirre del Río

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth3 February 1842
Death1 February 1866 (aged 24 years)
The details

Biography

Luís Aguirre del Río, nado en Lestrobe (Dodro) o 3 de febreiro 1842 e finado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro 1866, foi un poeta en castelán e compositor galego.

Traxectoria

A súa etapa escolar desenvolveuse en Rianxo, residencia de seus avós paternos, ata o ano 1853, momento no que se traslada a Santiago para inicia-los estudos secundarios. No ano 1860 graduouse como bacharel en artes e matriculouse en Filosofía e en Dereito. Enfermou durante a súa estadía en Madrid e morreu en Santiago no 1866.

Escribiu o Diccionario del dialecto gallego, o primeiro dicionario bilingüe galego-castelán. Suponse que o escribiu mentres estudaba en Compostela e sábese que está datado en 1858. En 1862 foi a Madrid, onde contou coa protección de Nicomedes Pastor Díaz e entregou o orixinal do seu dicionario no xornal El Alba Católica, que nunca chegou a publicalo, aínda que no ao seguinte se anunciase nun xornal galego a intención do prelo do xornal de publicalo por entregas. O dicionario, que inclúe unhas 8 000 palabras, non foi publicado até o ano 2007, cando foi editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, baixo a preparación da filóloga e profesora Carme Hermida.

Como poeta publicou a peza Himno escolar (1859) e mais o poema "Ámame" no Álbum de la Caridad (1862).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hermida Gulías, C. (ed.) (2007): O Diccionario del dialecto gallego de Luís Aguirre del Río. Madrid: Instituto Superior de Investigaciones Científicas e Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. ISBN 978-84-00-08609-1
  • Abuín de Tembra, A. e Cortizo Sóñora, J. (eds.) (2007): Luís Aguirre. Poesía completa. Santa Comba: TresCtres. ISBN 978-84-935562-6-6
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.