Lucio Castelio Severo

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
The details

Biography

Lucio Castelio Severo é unha figura entre o histórico e o mitolóxico que chega a nós como personaxe dos relatos sobre varias santas mártires e virxes da Igrexa Católica que supostamente eran fillas súas.

Figura na lenda

Lucio Castelio Severo é un gobernador romano pagán da Gallaecia e Lusitania residente en Balcagia (a Baiona actual) e casado con Calsia. O pouco que se sabe del é que no transcurso dunha campaña militar no ano 119, desprazado lonxe de Balcagia onde deixara a muller, Calsia tivo un parto con nove fillas e asustada porque o marido pensase que tantas fillas só poderían ser froito da infidelidade e promiscuidade decidiu a través da súa criada cristiá Sila desfacerse delas botándoas no río Miñor e evitar así a súa vergoña.

Sila apiadouse delas e repartiu os naipelos entre diferentes familias cristiás, foron bautizadas polo bispo de Braga Santo Ovidio e as nenas (Xenebra, Liberata, Mariña, Quiteria, Vitoria, Marciana, Basilisa, Eufemia, e Xermana) medraron chegando a ser exemplos de santidade. Por este motivo foron perseguidas e martirizadas no ano 139 polo seu propio pai malia a que el mesmo tentara convencelas de que abandonasen a súa fe e vivisen unha vida de luxos como parte da súa familia.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 24 Mar 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.