Leticia Cunqueiro

Researcher
The basics

Quick Facts

IntroResearcher
PlacesSpain
isResearcher
Work fieldAcademia
Gender
Female
Birth1981, Vigo, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Age44 years
Education
University of Santiago de Compostela
The details

Biography

Leticia Cunqueiro Méndez, nada en Vigo en 1981, é unha física galega. Acadou unha bolsa Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) para desenvolver unha investigación sobre física de partículas no CERN de Xenebra.

Traxectoria

É profesora de Física na universidade Sapienza de Roma. É licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Física de Partículas pola mesma universidade en 2008. Posteriormente realizou un posdoutoramento no Instituto Nacional de Física Nuclear de Italia, un posdoutoramento no CERN, e traballou no Laboratorio Nacional de Oak Ridge (Estados Unidos), na Universidade de Münster, en Alemaña e na Ecole Polytechnique de París.

Traballou no experimento ALICE do CERN estudando chorros (‘jets’) de enerxía e en 2021 incorporouse ao proxecto CMS, outro dos grandes experimentos que operan no grande acelerador de partículas, onde desenvolverá a liña de traballo financiada pola bolsa Consolidator Grant para afondar na cromodinámica cuántica.

Publicou "A praia" no nº 228 de Grial (2020, tomo XVIII).

Notas

  1. Redacción (2020-12-14). "A física Leticia Cunqueiro, seleccionada na convocatoria Consolidator Grant". GCiencia. Consultado o 2020-12-18. 
  2. Penelas, Sandra (2020-12-14). "La física de partículas viguesa Leticia Cunqueiro logra una Consolidator Grant de 1,8 millones". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 
  3. penelas, sandra (2011-03-20). ""Hay mucha expectación y energía entre los científicos del gran acelerador"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 25 Aug 2023. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.