Laureano Santiso Girón

Spaans journalist
The basics

Quick Facts

IntroSpaans journalist
PlacesSpain
isJournalist
Work fieldJournalism
Gender
Male
Birth1899
The details

Biography

Laureano Santiso Girón, nado en Santiago de Compostela en 1899, foi un avogado, xornalista e político galego

Traxectoria

Traballou como avogado. Membro do Partido Radical Socialista, participou no pacto de Lestrobe. Na República foi concelleiro de Compostela, designado deputado provincial polo distrito de Santiago-Padrón e foi correspondente de El Pueblo Gallego en Santiago de Compostela. Foi nomeado gobernador civil de Salamanca por Portela Valladares o 21 de decembro de 1935, permanecendo no cargo ata o 22 de febreiro de 1936. Nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse na candidatura portelista da Coruña pero non foi elixido. Representou ao Partido Republicano de Centro no Comité Central da Autonomía. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, pero foi localizado pola policía nunha casa da Uceira, na parroquia do Eixo, o 17 de setembro de 1937, e foi detido e xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional. En 1943 foi detido e encarcerado na prisión de Burgos. Volveu exercer a avogacía en Compostela a partir de 1949.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.