Juan Manuel Rodríguez Seijo

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth26 November 1866
The details

Biography

Juan Manuel Rodríguez Seijo, nado na Estrada o 26 de novembro de 1866, foi un político galego.

Traxectoria

Perito agrícola. Foi concelleiro agrario da Estrada en 1916 e volveu ser elixido concelleiro en 1922. Na República foi elixido concelleiro nas eleccións celebradas o 31 de abril de 1931 e nomeado alcalde da Estrada en maio de 1931. Presidiu a Corporación ata o 24 de xuño de 1933. Militante de Acción Republicana, foi elixido vocal do Consello provincial en agosto de 1933. Integrouse despois en Izquierda Republicana.

O 21 de febreiro de 1936 foi reposto no cargo xunto cos concelleiros cesados en 1934, e permaneceu no cargo ata o 5 de maio de 1936, cando se constituíu unha comisión xestora municipal presidida por Jesús Puente Fontanes.


Predecesor:
José Mario de Silva Gómez
 
Alcalde da Estrada
 
1931 - 1934
Sucesor:
Arturo Otero Ulloa
Predecesor:
Severino Vila Caramés
 
Alcalde da Estrada
 
1936
Sucesor:
Jesús Puente Fontanes

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.