Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spanish politician | |
Places | Spain | |
was | Politician | |
Work field | Politics | |
Gender |
| |
Birth | 1957 | |
Death | 17 October 2011 (aged 54 years) | |
Politics: | People's Party Of Galicia |
Biography
Juan Manuel Baleato Iglesias, nado o 3 de febreiro de 1957 en Val do Dubra e falecido en Santiago de Compostela o 17 de outubro de 2011, foi un político galego, do PPdeG.
Traxectoria
Durante a súa mocidade dedicouse ao fútbol, co que militou no Céltiga, Bergantiños FC, Ordes e SD Compostela. Traballou durante quince anos como secretario do xulgado de paz da localidade.
Presentouse por primeira vez con Alianza Popular ás eleccións municipais en 1987, pero ata a convocatoria seguinte, en 1991 non foi elixido alcalde de Val do Dubra, xa daquela á fronte do Partido Popular. Revalidou a súa maioría en diferentes ocasións (1995, 1999, 2003, 2007 e 2011, ata que en setembro dese último ano foi condenado pola Xustiza a sete anos de inhabilitación por un delito de prevaricación, logo de que operarios do concello retirasen en 2007 cascallo dunha finca privada sen o consentimento do seu propietario. Baleato viuse obrigado por lei a dimitir e foi substituído o 10 de outubro de 2011 de forma provisional pola concelleira popular Rosa Parafita e de forma definitiva polo tamén popular Camilo Varela Mariño. Uns días despois de abandonar a alcaldía, Baleato falecía dun infarto.
Predecesor: ? | Alcalde de Val do Dubra 1991 - 2011 | Sucesor: Camilo Varela Mariño |
Vida persoal
Estivo casado, e tivo dous fillos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
- Eleccións municipais en Val do Dubra