Juan Manuel Ameijeiras Delgado

Cuban revolutionary
The basics

Quick Facts

IntroCuban revolutionary
PlacesCuba
wasRevolutionary
Work fieldActivism Military
Gender
Male
Birth23 October 1932, Cuba, Cuba
Death26 July 1953Moncada Barracks, Cuba (aged 20 years)
Star signScorpio
The details

Biography

Juan Manuel Ameijeiras Delgado, tamén coñecido como "Mel" Ameijeiras, nado en Pueblo Viejo, Jesús Menéndez, Las Tunas, Cuba, o 23 de outubro de 1932 e finado en Santiago de Cuba o 26 de xullo de 1953, foi un revolucionario cubano de orixe galega.

Era un dos irmáns Ameijeiras. Participou en accións contra a ditadura de Fulgencio Batista e perdeu a vida no frustrado asalto liderado por Fidel Castro ao cuartel Moncada

Traxectoria

Seu pai foi o emigrante galego Manuel Ameijeiras Fontenla, natural de Campo Lameiro, quen despois de emigrar á Arxentina e volver a Galicia, partiu cara a Cuba. Alí coñeceu á súa futura esposa, María de las Angustias Delgado Romo, de Corral Falso, Matanzas, coa que tivo dez fillos. O último deles foi Juan Manuel, que levou o nome do pai e do primeiro irmán, morto na infancia. O pai volveu ao seu país onde desapareceu na guerra civil, polo que a nai tivo que ocuparse soa dos fillos.

A familia trasladouse a Puerto Padre, máis tarde a Santa Clara e finalmente instalouse na Habana, onde o irmán máis vello, Gustavo, traballou nun taller e ensinaba mecánica aos seus irmáns. Mel traballou como chofer nunha empresa de coches de aluger.

Participou nas actividades do recentemente fundado Partido Ortodoxo de Eduardo Chibás. Tras o golpe de estado de Fulgencio Batista de 1952, moitos xoves acudiron á Universidade da Habana a reclamar armas, entre eles Mel e o seu irmán Efigenio.

Ese verán comeza a recibir instrución militar e o 25 de xullo de 1952 reúnese con Fidel Castro e con máis dun cento de combatentes na granxa Siboney, preto de Santiago de Cuba, para asaltar ao día seguinte o cuartel Moncada. Ao amencer, a maioría de coches dirixíronse ao cuartel, mentres tres deles foron ao hospital anexo: un deles conducido por Abel Santamaría, outro por Mel e o terceiro por Mario Muñoz. O asalto fracasou e tras un longo tiroteo, Mel foi detido xunto con outros combatentes. Máis tarde foron conducidos ás cortes do cuartel e asasinados.

A súa familia viu a foto do seu corpo na revista Bohemia e o seu irmán Gustavo, foi ao Oriente para encontralo, pero foi tamén detido e encarcerado. Finalmente foi xulgado e absolto. Un informe da policía identificou a Juan Manuel como o cadáver número 25.

Legado

Trala súa morte púxoselle o seu nome a unha das columnas do Exército Rebelde que loitaba en Sierra Maestra: a Columna 6 Juan Manuel Ameijeiras.

Tamén leva o seu apelido e o de seus irmáns o hospital máis importante de Cuba, o Hospital Hermanos Ameijeiras da Habana.

Notas

  1. "Os outros galegos na revolución cubana". Sermos Galiza. 29 de novembro de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  2. "Juan Manuel Ameijeiras Delgado en Ecured". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  3. "Crónicas de la Revolución Cubana: los hermanos Ameijeiras". www.tercerainformacion.es (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  4. "Mel Ameijeiras, presencia de Las Tunas en el Moncada". www.tiempo21.cu (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  5. "Columna 6 Juan Manuel Ameijeiras". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 02 Jan 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.