Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 1924 | |
Death | 16 April 1949 (aged 25 years) |
Biography
José Vilariño Fernández, Arturo, nado en Tellerias (Fene) en 1924 e finado en Cerdido o 16 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
A súa familia foi perseguida polo franquismo. En xullo de 1947, cando facía o servizo militar en Ferrol desertou con José Antonio Castro López da guarnición do Castelo da Palma, con catro fusís e munición, e ambos incorporáronse á guerrilla. Responsable do destacamento Eive-Carbón, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, foi acusado polas autoridades de ser o autor de dúas execucións na zona de Ferrol, do incendio dun chalé e dun camión da empresa "Calvo Sotelo". En 1949 o seu grupo acompañou ao secretario do PCE en Galicia, Manuel Fernández Soto, na xira de reorganización polas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo. Morreu o 16 de abril de 1949 nun enfrontamento coa garda civil preto da Vila da Igrexa (Cerdido), xunto cos outros membros do destacamento Perfecto Castro Martínez e José Felpeto Gómez e un enlace. No combate perdeu a vida o garda civil Ramón Pérez Casas.