José Sanchez Arias, nado en Sarria o 24 de febreiro de 1908 e finado o 3 de novembro de 1981, foi un funcionario público e Fillo Predilecto de Sarria.
Traxectoria
Fillo de Antonio Sánchez Teijelo. Licenciouse en Dereito e foi funcionario público en Madrid, no Ministerio da Gobernación. Xa sendo mozo amosou unha fonda preocupación social, militando en partidos progresistas e correndo coa dirección e participación en publicacións locais, sendo un dos fundadores do periódico Loita. Na Revista do Colexio de Avogados de Madrid publicou traballos de tema xurídico.
Solteiro e sen descendencia, no seu testamento hológrafo nomeou por herdeiro de todos os seus bens ao Concello de Sarria, para que os dedicase a fins de interese cultural ou social, razón pola que foi nomeado Fillo Predilecto a título póstumo. A herdanza consistiu en bens rústicos e urbanos sitos en Sarria e Madrid. Ten unha rúa dedicada na Zona Escolar.