José María Rivera Corral

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth9 August 1856, As Pontes de García Rodríguez
DeathJune 1936A Coruña (aged 79 years)
The details

Biography

José María Rivera Corral, nado no Chamoselo (As Pontes de García Rodríguez) o 9 de agosto de 1856 e finado na Coruña a finais de xuño de 1936, foi un empresario galego.

Traxectoria

Con 14 anos, seus pais hipotecaron partes das súas pertenzas para lle pagar a pasaxe e emigrou con destino cara á Habana para máis tarde, entre 1874-1875, ir á Veracruz (México) de onde retornou a finais do século XIX. Ao retornar comprou a casa familiar da que se tiveran que desprender seus pais en Vilavella, e casou con Carmen Illade Rilo. Posteriormente, tamén mercaría casas e terreos na Coruña.

O primeiro negocio foi de 1898, unha fábrica de pasta de fariña e chocolate á que chamou, de novo, "La Estrella de Oro". Pero durou apenas dous anos. En 1901, entrou a formar parte da sociedade Casado, Hermano y Compañía, que se adicaba á fabricación de bebidas gasosas e cervexa (sería o núcleo da empresa posterior).

En 1906 fundou na Coruña a fábrica "La Estrella de Galicia", adicada á produción de xeo e cervexa. O nome alude ao antigo negocio de alimentación en Veracruz "La Estrella de Oro".

Na década dos anos 20, o negocio pasa a seu fillo Ramón e a empresa pasou a se converter en Hijos de Rivera.

Vida persoal

Casou con Carmen Illade Rilo.

Galería de imaxes

Estatua nas Pontes 
Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. 

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Outros artigos

  • Estrella Galicia

 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.