Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 25 December 1936 | |
Death | 22 October 2008 (aged 71 years) |
Biography
José Luis Vázquez Vázquez, coñecido como Vilaseco, nado en Vilaseco (O Pino) o 25 de decembro de 1936 e finado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 2008, foi un pintor galego de corte costumista, con algunhas incursións na arte abstracta, o realismo, o surrealismo e a pintura naïf.
Traxectoria
Foi fundador, presidente e presidente de honra da Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra, e cofundador e membro directivo da revista cultural Contrastes. tamén foi colaborador de Antena 3 Radio, Radio Pontevedra, Atlántico Diario, Diario de Pontevedra, Xornal Diario e as revistas Estilo Galicia, Contrates e Vía Lusitana.
Vilaseco tamén foi militar e cabaleiro da Serenísima Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago.
Obra
As súas obras están presentes en diferentes entidades e museos como o Museo de Pontevedra e o Etnográfico de Rodeiro, o Ateneo Santa Cecilia de Marín e a Deputación de Pontevedra. Precisamente, Vilaseco doou 45 cadros de temática de costumes ao Museo Municipal de Rodeiro, e ten colaborado de forma moi activa con este concello na promoción artística e cultural.
En palabras da escritora María del Carmen Gago Florenti:
Véxase tamén
Bibliografía
- Gago Florenti, M. C. (2000): Vilaseco, el pintor y su obra. ISBN 84-607-1910-3.