José Luis Puente Domínguez

Galician doctor and surgeon
The basics

Quick Facts

IntroGalician doctor and surgeon
PlacesSpain
wasSurgeon Doctor
Work fieldHealthcare
Gender
Male
Birth31 March 1918, Santiago de Compostela, A Coruña Province, Galicia, Spain
Death12 February 2006Santiago de Compostela, A Coruña Province, Galicia, Spain (aged 87 years)
The details

Biography

José Luis Puente Domínguez, nado o 31 de marzo de 1918 en Santiago de Compostela e falecido na mesma cidade o 12 de febreiro de 2006, foi un médico galego, especializado en anatomía e patoloxía cirúrxica.

Traxectoria

Naceu nunha familia vencellada á medicina, pois seu pai era José Puente Castro, daquela un dos doutores máis importantes de Galicia. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago en 1941 con premio extraordinario, ao obter a matrícula de honra en todas as materias. Foi alumno interno de Anatomía con Ángel Echeverri e axudante de cirurxía na consulta de seu pai no Hospital Provincial desde 1939 a 1942. Doutorouse en Medicina pola Universidade de Madrid (1944) cunha tese sobre a cavidade medular dos ósos longos".

En 1942 acadou a praza de profesor auxiliar de Anatomía e trasladouse cunha bolsa a Viena, onde estivo traballando como axudante no Instituto Anatómico que dirixía Eduard Pernkopf, anatomista austríaco que acabaría sendo reitor da universidade vienesa. Precisamente de Pernkopf, naquela altura un membro destacado do Partido Nazi, traduciu os seis tomos da Topographische Anatomie des Menschen, coñecido como o Atlas Pernkopf. En 1945 recibe outra bolsa, neste caso do CSIC, para ir formarse ao Porto: alí traballou co anatomista portuense Hernâni Monteiro.

Accedeu á cátedra de Anatomía na Universidade de Salamanca en 1948, e ficou na capital salmantina até que se trasladou, en 1952, á Universidade de Santiago de Compostela. Dous anos despois, en 1954, foi escollido catedrático de Histoloxía e de Patoloxía Cirúrxica. Nas súas investigacións traballou a patoloxía biliar e da mama, así como en temas de citometría de cancro de colon e de mama.

A partir de 1960 traballou tamén na sanidade pública española, como cirurxián. Xubilouse en 1987 e desde aquela foi profesor emérito da Universidade de Santiago, e académico da Real Academia Española de Medicina, primeiro como correspondente logo xa, a partir de 1991, de pleno dereito. Ingresou na Academia o 21 de maio de 1991, para ocupar a cadeira de neurocirurxía, cun discurso de ingreso titulado O ensino da cirurxía.

Tamén foi presidente da Asociación Española de Cirurxiáns durante dous anos, entre 1982 e 1984.

Galardóns

  • Académico da Real Academia Española de Medicina (1991).
  • Académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (1966).
  • Medalla Castelao (1990).
  • Presidente de honra e co-fundador da Sociedade Galega de Patoloxía Dixestiva.
  • Medalla de Ouro da Sociedade Española de Patoloxía Dixestiva
  • Medalla de Ouro da Asociación Española de Cirurxiáns.
  • Medalla de Ouro da Sociedade Anatómica Española.
  • Premio Virgili da Sociedade Catalá de Cirurxía en 1987.
  • I Premio Novoa Santos da Asociación de Médicos Galegos en Madrid en 1996.

    Notas

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.