José Luis López Iglesias

Spanish politician
The basics

Quick Facts

IntroSpanish politician
PlacesSpain
wasPolitician
Work fieldPolitics
Gender
Male
Birth1930, Betanzos, A Coruña Province, Galicia, Spain
Death2017Ourense, Ourense Province, Galicia, Spain (aged 87 years)
The details

Biography

José Luis López Iglesias, nado en Betanzos en 1930 e finado en Ourense en maio de 2017, foi un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria

Enxeñeiro de Obras Públicas e funcionario. Foi concelleiro en Ourense durante a ditadura franquista en representación do terzo de entidades. Coa transición fíxose afiliado do PSOE, así como director do Pavillón dos Deportes, o polideportivo local. Posteriormente pasouse á UCD para ser o candidato a alcaldía de Ourense nas primeiras eleccións democráticas. Foi elixido alcalde cos nove votos do seu partido e o apoio dos dous concelleiros independentes.

Posteriormente integrouse en Coalición Galega, coa que resultou elixido concelleiro nos comicios de 1983. Logo pasou ao CDS, en 1986, pero saíuse da formación centrista en 1987 para encabezar a candidatura de Independentes de Galicia nas eleccións de 1987, formación pola que tamén foi elixido concelleiro. Despois regresou ao PSdeG-PSOE, e foi de número 2 na candidatura municipal desta formación, nos comicios locais de 1991, por detrás de Manuel Veiga Pombo, que sería elixido alcalde. López Iglesias foi pois elixido concelleiro, completando a quinta ocasión en que foi concelleiro, por unha formación política diferente de cada vez. Ao remate desa lexislatura, en 1995, abandonou a vida política.


Predecesor:
Celso Vázquez-Gulías Álvarez
 
Alcalde de Ourense
 
1979 - 1983
Sucesor:
Antonio Caride-Tabarés

Notas

  1. "José Luis López Iglesias, el alcalde que llegó con las urnas", artigo en la Voz de Galicia, 26 de maio de 2017 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Ourense

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 21 Aug 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.