José Boedo

The basics

Quick Facts

A.K.A.José Boedo López
A.K.A.José Boedo López
PlacesSpain
Gender
Male
Birth1887, Oza
Death19 August 1936A Coruña (aged 49 years)
The details

Biography

José Boedo López, nado en 1887 no concello de Oza (integrado posteriormente no concello da Coruña), e finado o 19 de agosto de 1936, foi un sindicalista galego.

Traxectoria

Viviu no barrio coruñés da Silva. Estivo vinculado ao Sindicato de Canteiros da Coruña, no que ocupou xa un cargo directivo á altura de 1918. Comezou a destacar publicamente e a intervir en actos públicos, como o multitudinario mitin que tivo lugar en agosto de 1923 na praza de touros da Coruña pedindo o indulto para o cabo Sánchez Barros, un coruñés que fora condenado a morte pola súa intervención nunha revolta popular en Málaga contra as levas para a guerra de África. Durante os anos da II República foi un dos máis destacados militantes do seu sindicato, ao que representou en diversos comicios de ámbito galego, e mesmo ocupou cargos de responsabilidade na Federación Local Obreira da Coruña e no Comité Rexional da Confederación Nacional do Traballo (CNT). Foi tamén un dos fundadores do Ateneo Resplandor en el Abismo de A Silva. Despois do triunfo da sublevación militar do 18 de xullo, foi detido e fusilado o 19 de agosto de 1936. A súa familia sufriu unha brutal represión; o seu fillo José Antonio Boedo Núñez foi fusilado o 11 de setembro de 1937. Outro dos fillos, Pucho Boedo, foi un cantante de sona.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.