Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 20 August 1952 | |
Age | 72 years |
Biography
José Antonio Fondevila García, nado en Fiestras (Silleda) o 20 de agosto de 1952, é un pintor galego. Actualmente reside en Lalín.
Traxectoria
Diplomado en 1982 pola Universidade Internacional de Arte de Miami, INTERART, e cunha bolsa da Xunta Central de Información, Turismo e Educación Popular do Ministerio de Información e Turismo, Fondevila foi un pintor autodidacta, en cuxas obras predominan as cores azuis e douradas, cores que plasma en diferentes soportes, entre os que se atopan o táblex, o lenzo tradicional ou incluso o papel.
A súa primeira exposición individual realizouna en 1993 no Museo Ramón María Aller de Lalín. A súa é unha pintura de denuncia[Cómpre referencia], que invita á reflexión, e que non se axusta a cánones predeterminados; porén, podemos apreciar nas súas obras doses de surrealismo, impresionismo e mesmo expresionismo.[Cómpre referencia]
Exposicións e actividades
1993:
- Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Colectiva.
- I Bienal Pintor Laxeiro (Lalín). Colectiva.
- Concello de Cambados. Colectiva.
- Casa de Cultura de Chantada. Colectiva.
- Biblioteca Pública de Lugo. Colectiva.
- Museo Ramón María Aller de Lalín. Individual.
- Casa de Cultura de Silleda. Individual.
1994:
- Museo Valle Inclán, A Pobra do Caramiñal. Individual.
- Museo Manuel Torres, Marín. Individual.
- Galería Antonio Villar. Lalín. Individual.
- Galería Saira de Vigo. Colectiva.
- Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Dez anos de algarabías. Colectiva.
1995:
- Itinerante Dezasete artistas, organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Colectiva.
- Club de Golf Domaio, Moaña. Individual.
- II Bienal Pintor Laxeiro, Lalín.
- Galería de Arte Caminhense, Caminha (Portugal). Individual. (Intercambio cultural Luso-Galaico).
- Cartel da XXI edición da Festa da empanada da Bandeira (Silleda).
- Galería Ximú de Ourense. Conxunta.
- VII certame de arte Concello de Tui.
1996:
- I certame de arte Concello de Burela.
- II Xuntanza Obradoiro “A Solaina de Piloño”.
- Sala de exposicións Oficina de Turismo de Monforte de Lemos. Individual.
- Cartel da festa da tortilla de Laro (Silleda).
1997:
- I Mostra de Artes Plásticas de Silleda. Colectiva.
1998:
- II Mostra de Artes Plásticas de Silleda, Colectiva.
- III certame de arte Concello de Burela.
- Turiarte 1998. Fundación Semana Verde de Galicia.
1999:
- Colectiva de verán, Lugo.
- Creart, Semana Verde de Galicia.
- Cartel da primeira festa do lacón de Silleda. Concello de Silleda.
- Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Un século de Arte en Deza: 1900- 2000. Colectiva.
2000:
- Individual na Central da Caixa de Aforros Provincial. Pontevedra.
- Centro Comarcal do Salnés. Colectiva.
- Concello de Bande. Colectiva.
- Liceo Casino de Pontevedra. Colectiva.
- Feira de Artes Plásticas. Renfe (Vigo).
- Certame Nacional de Pintura El Pincel Verde, Madrid.
2001:
- Arte Solidaria no Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Colectiva.
- Casa da Cultura do Concello de Rodeiro. Individual.
- Semana Verde de Galicia, Silleda. Colectiva.
- Câmara Municipal de Valença do Minho (Portugal). Colectiva.
2002:
- Colectiva no Museo Manuel Torres de Marín. Fondos dunha década.
- Individual no castelo de Soutomaior. (Deputación de Pontevedra).
- Colectiva no Centro Galego de Barcelona.
- Colectiva no Museo Ramón Mª Aller de Lalín. A favor da Arxentina.
- Colectiva en Área Panorámica de Tui.
- Colectiva Veranee con Arte, Pontevedra.
- VI Mostra de Arte no Liceo Casino de Pontevedra. Colectiva.
- Nova Arte de Deza, de pintores nados na segunda metade do século XX, Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Colectiva.
2003:
- Itinerante Marea Blanca, a favor dos afectados pola marea negra do Prestige. Colectiva.
- Colectiva na Sala Lorem de Barrantes (Ribadumia).
- Colectiva no Centro Cultural do Barco de Valdeorras; organizada polo Instituto de Estudios Valdeorreses e o concello da Rúa.
- Autor das ilustracións, xunto con outros pintores, como R. Priegue, Cajete, Agra, Deulofeu e Lorem, da obra poética de Mª del Carmen Gago Florenti, Vientos del alma, un caderno monográfico editado polo Instituto de Estudios Valdeorreses.
- Colectiva Artistas de Deza no castelo de Soutomaior; organizada pola Diputación de Pontevedra.
- Membro do xurado do certame escolar a nivel autonómico “Pintor Colmeiro".
- Individual no “Centro de Arte Vicus” (Vigo).
- Colectiva de pintores galegos na “Sala Cultural Lorem”, Ribadumia.
- Feira de Arte e decoración “FICOMATIC”, organizada pola fundación “Semana Verde de Galicia”, Silleda.
- Colectiva no Liceo Casino de Pontevedra.
2004:
- Realización do cartel para a XXXVI edición da “Feira do Cocido” de Lalín.
- Colectiva itinerante “Caminos de Portugal a Santiago”.
- Individual na Casa da Cultura ce Vila de Cruces.
- Conxunta no Centro de exposicións de Sotillo de la Adrada (Ávila).
- Individual no Centro Cultural CAJA DE BURGOS, Briviesca (Burgos).
- Colectiva na Galería Lucía Torres, Oleiros.
2005
- Colectiva na Galería "Crisolart" (Barcelona) de autores incluídos no libro “ARTISTAS DEL SIGLO XXI”. Editado e presentado por “Ediciones Ecuador”.
- Colectiva na Galería "Darbey Louise" (Barcelona).
- Colectiva itinerante “FIRE FAIR 2005” polas principais cidades de Dinamarca. Organizada por “Crisolar Galleríes” de Barcelona.
- Colectiva no Liceo Casino de Pontevedra.
- Colectiva “Artistas del siglo XXI” no Centro Cultural García Lorca Del Vendrell (Tarragona).
- Curso de GRABADO CALCOGRÁFICO Y TÉCNICAS DE ESTAMPACIÓN, impartido por Anne Heyvaert.
- Individual na Galería "Chroma” de Vigo.
- Realización da tarxeta de Nadal para o concello de Lalín.
- Colectiva “Arte Solidario” a favor dos “Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres” na “Galería Chroma” de Vigo.
2006:
- Holland Art Fair. Feira de Arte a Haia (Países).
- Colectiva no Centro Cultural da Guarda.
- Colectiva no Centro Cultural de L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona).
- Colectiva na Galería "Crisolart” de Barcelona.
- Participación na VII edición de FAIM (“Feira de Arte Independiente de Madrid”).
- Participación nos actos de homenaxe a Laxeiro. Pintura ao aire libre.
- Participación “Puro Arte”, Vigo; con Galería Chroma.
- Colectiva na sala de exposicións da estación de RENFE de Vigo.
2007:
- Seleccionado para o IV Salón Internacional de Artes Plásticas (Salón Primavera); organizado por “Ediciones Ecuador 21”, S.L. e o concello de St. Jaume de Llierca (Xirona).
Premios (anos 2006-2007)
- Seleccionado para participar no VIII Certame de Arte “Galería Burela”, Burela.
- Seleccionado para o certame “El Balcón del Ampurdá”, Xirona.
- Primeiro premio II Certame de pintura “El vino y su entorno”, Pontevedra.
- Seleccionado para a 21ª edición do concurso de pintura de Mieres (Xirona).
- Seleccionado para o XV Certame de pintura “Vila de Cedeira”.
- Premio de honra no “II Salón Internacional de Artes Plásticas de Sant Joan les Fonts” (Xirona) e “Edicións Ecuador”.
- Seleccionado para o II Premio de Pintura “Antón Rivas Briones”, concello de Vilagarcía de Arousa.
Publicacións
- Incluído na guía nacional de arte, “Artistas del siglo XXI”, editada por Ediciones Ecuador.
- Incluído no 2001 na guía de arte “Quién y por qué”. “Anuales de las Artes Plásticas en el siglo XXI”, editada por ARTE Y PATRIMONIO, S.A.
- No 2002, incluído na obra “Nova Arte do Deza”. “Os pintores nados na segunda metade do século XX”, editada polo Seminario de Estudios de Deza.
- Incluído no 2003 na guía de arte “Artistas de Galicia”, editada pola Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
- Tamén no 2003 foi incluído no catálogo “arte axuda Galicia”, editado por Marea Branca coa axuda da Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación de Pontevedra.
- No 2005, o pintor aparece na “Guía de arte ’05”. “XXV Aniversario”, editada por Plecs D’ART, S.L.
- Incluído na guía de pintura 2006-2007, editada pola galería “Cebriart” de Barcelona.
- Ademais de en numerosas guías de arte, a presenza de Fondevila déixase notar tamén en variadas revistas de carácter artístico ou cultural, entre as que se atopan a catalana “revistart” ou a revista mensual independente “Crítica de arte”, así coma noutras de ámbito local.