Jorge Romero Montes

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
isAthlete Basketball player
Work fieldSports
Gender
Male
Birth1990, Las Palmas de Gran Canaria
Age34 years
The details

Biography

Jorge Romero Montes, tamén coñecido como Jorge Santana, nado o 9 de xaneiro de 1990 nas Palmas de Gran Canaria, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán de Lugo, no que xoga na posición de ala cunha altura de 1,92 metros.

Traxectoria

Nado nas Palmas de Gran Canaria, Romero formouse como xogador desde moi novo no Club Heidelberg, nos Salesianos das Palmas e no Joventut de Badalona en categoría infantil. Co club catalán gaña o Campionato de Europa cadete, estando entre os seus compañeiros Ricky Rubio. Posteriormente chega ás categorías inferiores do Gran Canaria, onde permanece até acaba a súa etapa júnior. Durante a súa mocidade é internacional coas categorías inferiores da selección española. No ano 2008 asina polo Real Madrid, onde compatibiliza os adestramentos co primeiro equipo coa participación no filial de LEB. O 5 de abrilde 2009 debuta en ACB co equipo madrileño nun partido ante o CAI Zaragoza, o cal tamén debutara Nikola Mirotic. Tras acabar a súa etapa en Madrid convértese nun habitual da LEB Ouro, onde xoga no Tarragona, Peñas Huesca, Basket Navarra, Palma Air Europa e Breogán.

Clubs

  • Real Madrid (EBA/LEB Prata/ACB, 2008−2010)
  • Tarragona (LEB, 2010−2012)
  • Peñas Huesca (LEB, 2012−2014)
  • Basket Navarra (LEB, 2014−2015)
  • Palma Air Europa (LEB, 2015−2016)
  • Breogán (LEB, desde 2016)

Notas

  1. Ortiz, Javier (27 de abril de 2015). "Santana, aquel tremendo cadete". Endesa Basket Lover (en castelán). 

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 04 Oct 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.