Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Basque nationalist politician and lawyer | |
Places | Spain | |
is | Politician Lawyer | |
Work field | Law Politics | |
Gender |
| |
Birth | 30 October 1956, Bilbao, Greater Bilbao, Biscay, Basque Country | |
Age | 68 years | |
Politics: | Herri Batasuna Euskal Herria Bildu |
Biography
Jone Goirizelaia Ordorika, nada en Bilbao o 30 de outubro de 1956 é unha avogada e política de ideoloxía independentista vasca. Ocupou cargos relevantes en distintos partidos políticos da esquerda abertzale e foi deputada do Parlamento Vasco durante varias lexislaturas.
Traxectoria profesional
Licenciada en Dereito pola Universidade de Deusto, xunto con Iñigo Iruin é unha referente entre os avogados vinculados á esquerda abertzale. A súa presenza é notoria en xuízos da Audiencia Nacional, desempeñando habitualmente tarefas de defensa cara a aqueles membros da esquerda abertzale que fosen acusados de colaborar con ETA. Entre outros casos tamén defendeu os intereses da familia de Íñigo Cabacas, que morreu nunha carga de pelotas de goma da Ertzaintza.
Traxectoria política
En 1990 foi elixida parlamentaria na cámara autonómica vasca por primeira vez, cargo que foi renovando en sucesivas eleccións até 2005, por Herri Batasuna (HB). Ese ano non puido presentarse á reelección, debido á ilegalización de Batasuna en aplicación da Lei de Partidos.
Formou parte do colectivo Ahotsak (Voces), un colectivo de mulleres de distintas sensibilidades políticas en favor dunha solución dialogada e sen violencia ao conflito vasco, que se creou en 2006 durante o Proceso de paz con ETA do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.
Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2012 ocupou o oitavo lugar da candidatura de Euskal Herria Bildu por Biscaia, sen que resultase electa. Tras a renuncia de Oskar Matute, ao ser este elixido deputado do Congreso, Jone Goirizelaia tomou posesión da acta de deputada do Parlamento Vasco o 18 de xullo de 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- «Jone Goirizelaia regresará al Parlamento vasco once años después». El Correo. 18 de xullo de 2016.