Biography
Gallery (1)
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Physician and Galician reintegrationist | |||
Places | Spain | |||
is | Doctor Physician | |||
Work field | Healthcare | |||
Gender |
| |||
Profiles | ||||
Birth | 17 May 1988, Vigo, Pontevedra Province, Galicia, Spain | |||
Age | 36 years | |||
Star sign | Taurus | |||
Education |
| |||
Positions Held |
|
Biography
Jon Amil Mateos, nado en Vigo o 17 de maio de 1988, é un médico e reintegracionista galego. Desde xullo de 2023, ocupa o posto de presidente da AGAL.
Traxectoria
De nai vasca e pai galego, viviu a súa infancia en Vigo. Malia criarse nunha contorna maioritariamente castelanfalante fíxose neofalante no segundo curso do bacharelato. Rematado o bacharelato pasou a estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 2013 iniciou a publicación dun blog: As MIR e unha noites, no que narraba as súas desventuras no estudo do exame do MIR (Médico Interno Residente) e co que acadou sona nas redes sociais galegas. Rematada a carreira emigrou ao País Vasco, onde traballou nun centro de recoñecementos médicos. De 2016 a 2023 formou parte do Conselho da AGAL e xestionou a conta de Twitter @emgalego, o seu consultorio lingüístico.
O 9 de xullo de 2023 asumiu a presidencia da AGAL en substitución do filólogo Eduardo Maragoto.
Actividade na rede
A súa actividade na internet galega comezou en 2007, coa creación dunha web de fans do Xabarín Club chamada Xeración Xabarín, que estivo activa ata marzo de 2013, cando tivo que pechar por indicación da CRTVG. En 2010 comezou a colaborar en Memoria Pixelada, a primeira web completamente en galego dedicada aos videoxogos, coa alcuña AmilGZ. En 2013 comezou o seu blog As MIR e unha noites, o que foi o seu proxecto máis grande ata o momento.
En decembro de 2015, xa como membro da AGAL, lanzou o consultorio lingüístico @emgalego,, que comezou como unha conta do Twitter pero acabou estendéndose por outras redes sociais, chegando mesmo a facer colaboracións puntuais con outras iniciativas como o Dígocho eu. En 2020 gañou os Premios do Galituiter, un certame autoorganizado pola comunidade galega do Twitter, e que lle outorgou o título non oficial de presidente do Galituiter durante o ano 2021.
Actualmente é un colaborador activo do Recuncho Gamer, o proxecto multiplataforma sobre videoxogos de Iago Gordillo. Destaca o seu papel co-creador do podcast Outeiro Verde, dedicado a Sonic the Hedgehog. Tamén é co-creador doutro podcast dedicado á serie Doutor Who, chamado Gallifrey Ceive, que foi finalista do Premio Pioneiro do concurso Youtubeir@s.
Notas
- ↑ "Jon Amil: «A melhor maneira de defender o galego é usando-o»". pgl.gal. 2 de decembro de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2023.
- ↑ "Quen son?". As MIR e unha noites. Consultado o 2023-07-01.
- ↑ "#HistoriasPsicotécnicas: O home que xa vía ben". asmireunhanoites.com. 2016-12-28. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "Jon Amil: “A AGAL tem que encontrar o seu papel também fora do campo cultural galego, tem que ser uma referência para a sociedade galega no seu conjunto” - PGL". pgl.gal. 2023-07-12. Consultado o 2023-07-18.
- ↑ "@emgalego". twitter.com. Consultado o 18 de xullo de 2023.
- ↑ "Conselho da AGAL - Associaçom Galega da Língua". Associaçom Galega da Língua. 1976. Consultado o 2023-07-01.
- ↑ "Uma nova equipa assume a direção da AGAL". pgl.gal. 2023-07-09. Consultado o 2023-07-09.
- ↑ "A potencia da 'Xeración Xabarín'". Praza Pública. 2013/03/15. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "Pecha unha web de fans do Xabarín Club por indicación da CRTVG". Praza Pública. 2013/03/06. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ Acerca de nós Arquivado 15 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. en Memoria Pixelada
- ↑ "Día 1: Estala o duelo". As MIR e unha noites. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "AGAL lança @emgalego, um consultório lingüístico no Twitter". pgl.gal. 2015-12-21. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "#ApuntamentoLusófono 43 Acentuación e Jon Amil #DígochoEu". pgl.gal. 2022-05-28. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "Moitísimos parabéns a @GalizardQueen que safa o ano que vén de montar o Galituiter 2021, e o noso pésame a @AmilGZ, GAÑADOR DO GALITUITER 2020!!!!!!". twitter.com. 2020-12-31. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "Os grandes de Tik Tok e Youtube en galego danse cita nun coloquio en Carballo". galiciaconfidencial.com. 2021-08-09. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "Outeiro Verde en Podgalego". podgalego.agora.gal. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "Gallifrey Ceive en Podgalego". podgalego.agora.gal. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "Palmarés do concurso Youtubeir@s". youtubeiras.gal. Consultado o 2023-10-20.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Artigos no Portal Galego da Língua.
- Artigos no Nós Diario.
- Artigos no Praza Pública.
- As MIR e unha noites (Día a día dun estudante de Medicina a preparar o exame MIR)
- Recuncho Gamer