Jesús Mosquera Sueiro

Sindicalista e político galego
The basics

Quick Facts

IntroSindicalista e político galego
PlacesSpain
wasActivist Trade unionist Politician
Work fieldActivism Politics
Gender
Male
Birth1 October 1943, Vila de Cruces, Spain
Death13 February 2018A Coruña, Spain (aged 74 years)
Star signLibra
The details

Biography

Jesús Mosquera Sueiro, nado en Vila de Cruces o 1 de outubro de 1943 e finado na Coruña o 13 de febreiro de 2018, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

En 1967 comezou a colaborar na organización dos primeiros núcleos da Unión Sindical Obrera (USO) en Vigo, Ferrol e A Coruña. En 1977, ao fusionarse USO coa UXT, integrouse no sindicato socialista na Coruña e afiliouse ao PSOE. Foi secretario xeral da UXT en Galicia desde 1980 e ata o 2005. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG pero deixou o escano o 2 de decembro de 1988 ante a folga xeral do 14 de decembro. Participou na creación e constitución do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal e da Fundación para a defensa do Consumidor (FUNDECO). Impulsou a formación da Fundación Luís Tilve (1989), da cal foi presidente.

Notas

  1. UGT Galicia di adeus ao 'compañeiro Suso', Praza Pública, 13 de febreiro de 2018.
  2. "COMPOSICIÓN DOS ÓRGANOS DA FUNDACIÓN LUÍS TILVE". Fundación Luís Tilve. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

Outros artigos

  • UGT-Galicia

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 24 Jun 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.