Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spaans journalist (1869-1941) | |
Places | Spain | |
was | Journalist | |
Work field | Journalism | |
Gender |
| |
Birth | 2 November 1869 | |
Death | 15 September 1941 (aged 71 years) |
Biography
Francisco Javier Puig Llamas, nado en Santiago de Compostela o 2 de novembro de 1869 e finado en Pontevedra o 15 de setembro de 1941, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
Fillo de Juan Puig Vilomara e de Concepción Llamas Novac. Estudou o bacharelato en Lugo e Dereito na USC. Popular cando estudante, aparece en La Casa de la Troya como o personaxe Javierito Flama.
O escritor Ramón María del Valle Inclán encargoulle a corrección da súa publicación, Femeninas, prologada por Manuel Murguía e publicada en 1895, que foi o seu primeiro libro e consta de seis relatos curtos.
Foi funcionario do Estado e en 1900 instalouse como avogado en Pontevedra. Cofundador da asociación xuvenil "Los Exploradores de Pontevedra", foi redactor de La Tierra e director de La Correspondencia Gallega.
Foi alcalde de Pontevedra (1909-1911) e deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui (1913-1923). Fixo amizade con Niceto Alcalá Zamora tras encomendarlle este a defensa do fillo da Marquesa de Fuente del Moral. No ano 1931 foi elixido decano do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. Durante a Guerra civil foi nomeado membro da Xestora da Deputación en decembro de 1936 e, o 11 de decembro de 1937, presidente da Deputación de Pontevedra; dimitindo o 8 de outubro do ano 1938, por razóns persoais.
Finou no seu domicilio en Pontevedra na Rua da Ponte número 17 na casa familiar da súa dona.
Predecesor: Manuel Becerra Armesto | Alcalde de Pontevedra 1909 - 1912 | Sucesor: Pedro Martínez Casal |
Predecesor: Rafael González Fernández Besada | Presidente da Deputación de Pontevedra 1937 - 1938 | Sucesor: Jacobo Rey Daviña |
Vida persoal
Casou en Pontevedra con Esperanza Gaite Sancho. Foron pais de sete fillos entre os que se atopa Antonio Puig Gaite.