Jaime Quiroga Pardo Bazán, nado na Coruña o 21 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 11 de agosto de 1936, foi un nobre, militar, escritor e político galego.
Traxectoria
Fillo primoxénito de José Quiroga Pérez de Deza e Emilia Pardo Bazán. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Voluntario na guerra de Melilla (1909), chegou a tenente de Cabalería. Conde de Torre de Cela, foi o propietario do Pazo de Meirás. En 1932 estivo envolto na Sanjurjada e pasou quince días na cadea. Casou con Manuela Esteban Collantes, tiveron un fillo que foi asasinado tras ser conducido a unha checa de Madrid xunto co seu pai.
Obras
- Aventuras de un francés, un alemán y un inglés en el siglo XXIX, 1902.
- Notas de un viaje por la Italia del Norte : Niza, Mónaco, 1902.
- Las alas del cisne, 1922.
Notas
- ↑ "Padrón de vecinos del Ayuntamiento de La Coruña para el año 1882. Barrio 1º" (AHMC, fol. 43r).
Véxase tamén
Bibliografía
- Bullón de Mendoza y Gómez de Valugera, Alfonso (2000). "Aristócratas muertos en la Guerra Civil Española". Aportes (en castelán) 44: 77–105. ISSN 0213-5868.
- Couceiro Freijomil, A. (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 150.
Outros artigos
Ligazóns externas