Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 1883 | |
Death | 27 June 1964 (aged 81 years) |
The details
Biography
Jacobo Otero Goday, nado no Grove en 1883 e finado no mesmo concello o 27 de xuño de 1964, foi un médico e político galego.
Traxectoria
Foi alcalde do Grove de 1913 a 1921. Na Segunda República foi presidente do Partido Republicano Gallego do Grove. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido a principios de agosto. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foille conmutada a pena pola de cadea perpetua. Estivo preso en San Simón e logo foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona). Era tío de Jacobo Barral Otero, que foi alcalde do Grove en 1936.
Predecesor: ? | Alcalde do Grove 1913 - 1921 | Sucesor: ? |
Recoñecementos
O pobo do Grove erixiu por subscrición popular en 1962 un monumento á súa memoria, obra de Alfonso Vilar Lamelas.