Biography
Gallery (1)
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Soviet writer and poet (1921-1994) | |
Places | Russia | |
was | Writer Poet | |
Work field | Literature | |
Gender |
| |
Birth | 21 March 1921, Baslakhu, Georgia | |
Death | 21 January 1994Sukhumi, Georgia (aged 72 years) | |
Star sign | Aries |
Biography
Ivan Konstantinovich Tarba, nado o 21 de marzo de 1921 en Baslax, e finado o 29 de xaneiro de 1994 en Sukhumi, foi un xornalista, escritor e político abkhazo.
Traxectoria
Naceu nunha aldea do distrito de Ochamchira, durante a invasión do Exército Vermello en Xeorxia, dez días antes de formarse a República Socialista Soviética de Abkhazia. Na década de 1930 comezou a traballar como xornalista, na edición local do xornal rexional "Bolshevistskii Put", e máis tarde nas oficinas rexionais dos xornais "Apsnә Qaps" e "Sovetskaya Abkhaziya".
En 1940 uniuse ao partido Comunista e traballou como profesor de abkhazo. En 1947 formouse no Instituto Pedagóxico de Sukhumi. Dende 1958 foi presidente da sección abkhaza da Unión de Escritores Soviéticos. Entre outros cargos foi ministro de educación da República Socialista Soviética Autónoma de Abkhazia, secretario rexional do Partido Comunista de Abkhazia, deputado do Sóviet Supremo da URSS e do Consello Supremo da RSSA de Abzhazia. O seu primeiro poema publicouno en 1937 e escribiu varias coleccións de poesía e novelas. Os temas principais da súa poesía é a beleza da terra natal, a amizade entre os pobos, o traballo do pobo soviético e a resolución de problemas morais. A súa obra traduciuse ao ruso e a outras linguas da Unión Soviética.
Obra
- Ицәажәоит агу: Ажәеинраалақәа 1954 (poesía)
- Абзиаразы еиниаша: Ажәеинраалақәеи 1955 (poesía)
- Бзиа избоит амҩа, 1955 (poesía)
- Ашәахсҭа. 1957, (poesía)
- Aaҧınra ağu, 1958 (poesía)
- Бзыҧтәи аповест, 1961 (novela curta)
- Идыру ахьз, 1963 (novela)
- Ақуҧшреи агуҭыхеи, 1964 (poesía)
- Ашәа аҧҵара мариам, 1968 (teatro)
- Иалкаау иьымтакуа. T 1-3, Akya, 1971-73;(novela; triloxía)
Notas
Control de autoridades |
|
---|---|
Control de autoridades |
|