Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 11 June 1922, Pontevedra | |
Death | 17 December 2002 (aged 80 years) |
Biography
Isidoro Millán González-Pardo, II conde de Quirós, nado en Pontevedra o 11 de xuño de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 2002, foi un erudito galego, catedrático de lingua grega e autor de estudos especializados sobre epigrafía, toponimia e paleolingüística galaica e hispana. Foi membro numerario da Real Academia Galega.
Traxectoria
Fillo de Isidoro Millán Mariño, logo de acabar os seus estudos secundarios, realizou estudos universitarios en Salamanca, Oña[Verificar credibilidade], e na Universidade Central de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras no ano 1954, da que sería profesor axudante de latín e lingüística indoeuropea.
En 1959, ao aprobar as oposicións á cátedras de grego, foi destinado ao instituto de bacharelato de Pontevedra onde exerceu o profesorado desa materia até 1968, ano no que por concurso se trasladou para Santiago de Compostela para impartir a mesma materia no instituto de bacharelato feminino "Rosalía de Castro", onde permanecería até a súa xubilación. En Santiago foi contratado pola universidade para dar aulas de diversas materias lingüísticas desde Historia da Lingua Grega a Lingüística Indoeuropea.
En 1975 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 17 de abril dese ano; desde 1979 sería así mesmo membro da Comisión de Lingüística e de Toponimia do Consello da Cultura Galega. Foi tamén membro da Real Academia da Historia, do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, dependente do CSIC, e máis do Centro de Estudios Xacobeos. Foi fundador do Instituto Cultural Galaico-Minhoto.
En diversas ocasións, Isidoro Millán defendeu a autenticidade da tumba do apóstolo Santiago na catedral de Santiago de Compostela.
Trala súa morte, foi inhumado en Vilagarcía de Arousa.
Publicacións (selección)
- Lexicografía galega
- Comentos filolóxicos a algunhas verbas empregadas na 'Antífona da Cantiga', in Ramón Cabanillas Enríquez, Antífona da Cantiga. Vigo. Galaxia. 1951, páxs. 171-222 (importante contribución na época para o dicionario etimolóxico galego).
- Lexicografía e etimología gallega: gallego 'inar' "jadear", in Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Vigo. Galaxia. 1958, páxs. 255-268.
- Epigrafía
- Sobre las aras del santuario de Donón, Hío, Pontevedra, supuestamente dedicadas a Liber. Vigo. Ayuntamiento de Vigo. 1978, 38 páxs.
- Ara a Cosus de Romay Vello, in rev. El Museo de Pontevedra, nº 34, 1980, páxs. 95-108.
- Nueva ara (¿a Cosus?) en Santa María del Curro, Barro, Pontevedra, in rev. El Museo de Pontevedra, nº 34, 1980, páxs. 109-144.
- Dedicación métrica a la mar en un nuevo epígrafe galaico-romano: ara de Santo Tomé de Nogueira, Meis, Cambados, in Iª Reunión gallega de Estudios Clásicos, Santiago-Pontevedra, 2-4 de julio de 1975: Ponencias y comunicaciones. 1981, páxs. 159-176 ISBN 84-7191-240-6
- Inscripciones medievales de San Estevo de Vivente y de San Marcos de Muros, in Anuario Brigantino, nº 5, 1982, páxs. 32 e ss.
- Toponimia
- Topónimo gallego 'Cobo', in rev. El Museo de Pontevedra, nº 16, 1962, páxs. 49-54.
- Andeiro, topónimo celta y los nombres de Tabeayo y sus lugares, in Anuario Brigantino, nº 9, 1986, páxs. 31-36.
- Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz. A Coruña. Deputación Provincial. 1987, 221 páxs ISBN 84-86040-27-2
- Toponimia de Ponteceso y de su municipio, in rev. Cuadernos de Estudios Gallegos, t. 41, nº 106, 1993-1994, páxs. 441-489.
- Paleolingüística
- Galeco ru(g)o "hozador" > "jabalí" y otras voces emparentadas, in rev. Emerita, vol. 41, nº 1, 1973, páxs. 129-156.
- Raíces prelatinas da cultura galega: problemas e datas da lingua e creencias. Vigo. Caja de Ahorros Municipal de Vigo. 1981, 32 páxs.
- La lengua luso-galega arcaica, in Les Celtes et la Péninsule Ibérique: actes du colloque international, Brest 6-7-8 de novembre de 1997. Brest. Centre Recherche Bretonne et Celtique. 1999, páxs. 269-280 ISBN 2-901737-40-4
- Paleografía
- En colaboración con Ángel Rodríguez González, Livro do Concello de Pontevedra, 1431-1463. Pontevedra. El Museo de Pontevedra. 1989 iSBN 13-978848684539
- Estudos xacobeos
- A la sombra del Apóstol: once siglos de vida compostelana. Santiago. Imprenta de El Eco Franciscano. 560 páxs.
- En colaboración con Antonio Blanco Freijeiro, Hallazgo en el mausoleo del Apóstol Santiago del título sepulcral griego de su discípulo San Atanasio, in Boletín de la Real Academia de la Historia, t. 186, cuad. 2, 1989, páxs. 209-220.
- Autentificación arqueológico-epigráfica de la tradición apostólica jacobea, in VV.AA, El Camino de Santiago, Camino de Europa. S.l. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993, páxs. 45-105.
- Traducións ao galego
- T. S. Eliot, Morte na catedral. Vigo. Galaxia. 1973, 81 páxs ISBN 84-7154-169-6
- Obras colectivas
- Correspondencia habida entre Xosé María Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo. Santiago. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. 2012.
Vida persoal
Tivo por sobriños a Alejandro e Francisco Millán Mon.
Véxase tamén
Bibliografía
- (en castelán).