Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |||
Gender |
| |||
Birth | 10 September 1913, O Carballiño, Ourense, Galicia, Spain | |||
Death | 1 October 2004A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain (aged 91 years) | |||
Star sign | Virgo | |||
Education |
|
Biography
Isaura Aurea Usero Souto, nada no Carballiño o 10 de setembro de 1913 e finada o 1 de outubro de 2004 na Coruña, foi unha das primeiras universitarias galegas.
Traxectoria
Isaura Usero estudou na Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela en 1929 rematando a súa formación no curso de 1939-40. Pertenceu á Sociedade Española de Física e Química, sendo presentada por Natividad Mejuto e María de la Concepción Carnero no ano 1933.
Foi expedientada polo réxime franquista e posteriormente rehabilitada en 1942. Traballou como profesora na Academia Balmes de Lugo e como profesora de Matemáticas do Instituto Feminino de Bacharelato de Lugo.Fóra de Galicia traballou como profesora de Física e Química do Instituto Masculino de Salamanca nos anos 60. En 1980 obtivo a cátedra de bacharelato da materia de Matemáticas do Instituto da Coruña onde traballou ata a súa xubilación.
Notas
- ↑ Fernández García (2021)
- ↑ Pintos (2016)
- ↑ Galante, Rosa María Cid (2012-09-29). "Historia das nosas mulleres ourensás: ISAURA AUREA SOTO". Historia das nosas mulleres ourensás. Consultado o 2021-07-12.
- ↑ García, María Isabel Fernández; Noya, Ana María González; Maneiro, Marcelino Maneiro; Fórneas, Esther Gómez; Silva, Laura Rodríguez; Méndez, Lara Rouco (2019). "Abrindo camiños: as nosas pioneiras de ciencias". (Re)construíndo o coñecemento. Universidade de Santiago de Compostela. p. 99–112. ISBN 978-84-9749-758-9.
- ↑ "Orden de 16 de mayo de 1964 por la que se asciende a los Profesores adjuntos numerarios de Institutos Nacionales de Enseñanza Media que se citan a las categorías y con los sueldos que se mencionan.". Boletín Oficial del Estado (en castelán) (52): 8258. 1964-06-25. BOE-A-1964-10239.
Véxase tamén
Bibliografía
- Pintos Barral, Xoana (2016): As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960.
- Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencias de Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4