Inma López Silva

Escritora galega
The basics

Quick Facts

IntroEscritora galega
PlacesSpain
isWriter
Work fieldLiterature
Gender
Female
Birth3 May 1978, Santiago de Compostela
Age46 years
The details

Biography

Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.

Traxectoria

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutora en Filoloxía pola mesma Universidade, é investigadora e crítica teatral. Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. É membro do consello de redacción de Dorna. Vencellada politicamente con Compromiso por Galicia concorreu con esa formación nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 e ao Parlamento Europeo de 2014.

É profesora na Escola Superior de Arte Dramática.

Obra

Narrativa

  • Rosas, corvos e cancións (2000, Galaxia).
  • Concubinas (2002, Xerais). Traducida ao castelán en 2009, na editorial Ámbar (Barcelona).
  • Neve en abril (2005, Galaxia).
  • Non quero ser Doris Day (2006, Biblos Clube).
  • New York, New York (2007, Galaxia). Traducida ao castelán en 2008, na editorial El Andén (Barcelona).
  • Memoria de cidades sen luz (2008, Galaxia).
  • Tinta (2012, Galaxia).
  • Aquel día en que eramos malas (2016, Galaxia).

Ensaio

  • A recepción do teatro galego contemporáneo (1990-2000) (2003, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Teatro e canonización: a crítica teatral na prensa periódica galega (1990-2000) (2005, Tris Tram).
  • Maternosofía (2014, Galaxia).
  • Resistir no escenario. Cara a unha historia institucional do teatro galego (2016, Universidade de Santiago/Xunta de Galicia).

Traducións

  • Calígula. O malentendido, de Albert Camus (2009, Galaxia).
  • As criadas. O balcón, de Jean Genet (2010, Galaxia).

Obras colectivas

  • VI Certame literario Manuel Lueiro Rey de novela curta 1998 (1999, Concello do Grove).
  • Mini-relatos, (1999, Libraría Cartabón).
  • Caso Torneiro: 1898-1975, en Narradoras (2000, Xerais).
  • Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia (2002, Galaxia). Con Dolores Vilavedra.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
  • Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (2006, Xerais).
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006, Consello da Cultura Galega).
  • Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • 25 anos. Mostra Internacional de Teatro Ribadavia (2009, Difusora). Con Xosé Luís Méndez Ferrín e Roberto Pascual.
  • Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo).

Premios

  • Premio Rúa Nova no 1996, por Neve en abril, ambientada na guerra civil española.
  • 2º premio Modesto R. Figueiredo no 1998, por Cartas que viñan de alén mar.
  • Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1998, por Canción de amor india.
  • Premio Xerais no 2002, por Concubinas.
  • Premio Manuel Murguía no 2005, por Aqueles que retratan o vento.
  • Finalista do VI Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2006, por Non quero ser Doris Day.
  • Premio Blanco Amor no 2007, por Memoria de cidades sen luz.
  • Premio Arcebispo San Clemente no 2009, por Memoria de cidades sen luz.
  • Premio á mellor obra de narrativa da AELG no 2009, por Memoria de cidades sen luz.
  • Premio de 'Creación Literaria' da Fundación Ínsua dos Poetas no 2016.
  • Premio Antón Losada Diéguez no 2017, por Aquel día en que eramos malas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.