Hixinio Cambeses

Director de banda e compositor galego
The basics

Quick Facts

IntroDirector de banda e compositor galego
PlacesSpain
wasMusician Conductor Composer
Work fieldMusic
Gender
Male
Birth1900, Spain
Death21 February 1949Pontevedra, Spain (aged 49 years)
The details

Biography

Hixinio Cambeses Carrera, nado en Antas (A Lama) en 1900 e finado en Pontevedra o 21 de febreiro de 1949, foi un director de banda e compositor galego.

Traxectoria

De formación autodidacta fundou na súa parroquia natal a Banda Celta Infantil para a que compuxo diversas obras, ademais de arranxos de temas populares. Máis tarde dirixiu a Banda de Cuntis, e foi pioneiro na intrudución da gaita nunha banda de música. En 1932 dirixiu a Agrupación Musical de Ordes promovida por Manuel Sousa Hermida e en 1933 a Banda de Viveiro, e alí tamén deu clases no conservatorio local. De ideoloxía republicana ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou en Viveiro unha Comisión de Axuda aos Presos na localidade que axiña disolveu o comandante militar, ao pouco detivérono, condenado en 1941 a pagar unha multa de 250 pesetas. Entre 1943 e 1948 volveu dirixir a Banda de Cuntis, encargándose da Banda de Padrón en 1948. En Cuntis intentou rematar coa súa vida, sen conseguilo, e logo de transladalo ao Hospital Provincial de Pontevedra aforcouse.

Como compositor escribiu máis de duascentas pezas, entre as que salientan A noite do Santo Cristo, Una vez en La Habana, Nosa Terra, ¡Adiós, para siempre!, Zumba Loureiro, ¡Ard’o eixo carballeira!, Cantigas d'a ría, E si mo deches foy no muiño, Flores de la calle ou Una tarde en Zaragoza.

Notas

  1. María Erundina Louro Justo "Hixinio Carrera Cambeses, un Sancho con xestos de Quixote" pontevedraviva.com, 18 de maio de 2015
  2. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte". Xerais: Vigo, p. 591
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 28 Dec 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.