Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Swiss numismatist | |
Places | Switzerland | |
is | Numismatist | |
Work field | Social science | |
Gender |
| |
Birth | 1937, Bienne, Biel/Bienne administrative district, Seeland administrative region, Switzerland | |
Age | 88 years |
Biography
- Para o físico alemán, véxase Hans Geiger.
Hans-Ulrich Geiger, nado en Biel en 1937, é un numismático suízo.
Traxectoria
Hans-Ulrich Geiger naceu en 1937 na cidade de Biel (ou Bienne) e pasou a súa infancia en Ligerz, ao pé do Lago de Biel.
En 1959 acadou a súa titulación como bibliotecario e traballou no Gabinete de Medallas do cantón de Vaud, en Losana, así como na biblioteca municipal e universitaria de Berna.
En 1960 iniciou os seus estudos superiores de Historia de Suíza e de Historia xurídica na Universidade de Berna, cunha estadía no curso 1962-1963 na Universidade de Viena, e en 1967 acadou o seu doutoramento coa tese titulada Der Beginn der Gold- und Dickmünzenprägung in Bern ("O comezo da cuñaxe en ouro e a moeda grosa en Berna"), publicada o ano seguinte.
Despois do seu doutoramento ingresou como consrvador no gabinete numismático do Banco Nacional Suízo en Zürich, no que permaneceu ata 1990.
Entre 1974 e 1983 impartiu docencia na Universidade de Berna e na Universidade de Zürich. Nesta última acadou a súa habilitación en 1984, no campo da Historia Monetaria, o que lle permitiu acceder á cátedra, que ocupou ata 2002.
Entre outras entidades de carácter asociativo, Geiger é membro da Sociedade Suída de Numismática, de cuxo consello directivo formou parte entre 1968 e 1985, e no posto de presidente no período 1975-1982. Nesta entidade foi tamén coeditor da súa publicación periódica Schweizer Münzblätter entre 1968 e 1975, e é membro do consello editorial de Schweizerische Numismatische Rundschau. Así mesmo, desde 1988 forma parte da Sociedade Numismática Austríaca, a partir de 2008 como membro honorario. Desde 2009 é tamén membro honorario do Consello Internacional de Numismática.
Geiger tamén é membro da Académie des Inscriptions et Belles-Letres, de París e da Academia Suíza de Humanidades e Ciencias Sociais, e desde 1981 é membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán.
Recoñecementos
- (1980): Premio Duchalais, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
- (1993): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática, de París.
Publicacións
Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos de Geiger publicados ao longo da súa traxectoria:
- (1968). Der Beginn der Gold- und Dickmünzenprägung in Bern [tese de doutoramento]. Historischen Vereins des Kantons Bern, Berna.
- (1969). Münzen und Medaillen aus dem Bernischen Historischen Museum / Monnaies et médailles du Musée d'histoire de Berne (con B. Kapossy). Stämpfli, Berna.
- (1969). Monnaies et médailles du Musée d'histoire de Berne ( Münzen und Medaillen aus dem Bernischen historischen Museum. Stämpfli, Berna.
- (1969). Das Schweizerische Landesmuseum: Hauptstücke aus seinen Sammlungen / Le Musée national suisse: oeuvres maîtresses de ses collections (con C. Lapaire). Stämpfli, Berna.
- (1973). Schweizerische Münzen des Mittelalters. Haupt, Berna.
Notas
- ↑ "Hans-Ulrich Geiger: Biographisches Arquivado 09 de maio de 2021 en Wayback Machine.". www.muenzgeschichte.ch
- ↑ Véxase (1968) en "Publicacións".
- ↑ "Editorial Board". Schweizerische Numismatische Gesellschaft.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Geiger, Hans-Ulrich 1937- Arquivado 05 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Geiger, Hans-Ulrich". WorldCat Identities.
- ↑ "Hans-Ulrich Geiger". Academia.edu
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Fotografía de Geiger, Hans-Ulrich(www.numis-online.ch)