Gustavo Pernas

The basics

Quick Facts

A.K.A.Gustavo Pernas Cora
A.K.A.Gustavo Pernas Cora
PlacesSpain
Gender
Male
Birth26 November 1959, Viveiro
Age65 years
The details

Biography

Gustavo Pernas Cora, nado en Viveiro o 26 de novembro de 1959, é un dramaturgo, actor e director teatral galego.

Traxectoria

Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981, onde realiza diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro, estudou posteriormente Arte Dramática en Madrid.

Desde 1985 dedícase profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. Actor e director de dobraxe. Desde 1997 imparte aulas en diferentes ámbitos do ensino: Profesor de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son da Coruña, foi Profesor de Dramaturxia e Arte Actual da Universidade da Coruña en Pedagoxía Teatral. En 1989 funda con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro Áncora Produccións na que dirixe e interpreta os seus propios textos. Algunhas das súas obras foron publicadas ou estreadas en Francia, Uruguay ou Portugal.

Obra literaria

Teatro

  • O galego, a mulata e o negro, 1999, Tris Tram.
  • Comedias paranoicas, 2000, Xerais. Inclúe:
  • Ladraremos.
  • Fábula.
  • Anatomía dun Hipocondríaco.
  • Footing, 2001, Deputación da Coruña.
  • Paso de cebra e Sucesos, 2004, Laiovento.
  • Final de película, 2006, Deputación da Coruña.
  • Medidas preventivas, 2006, Biblos Club de Lectura.
  • Taras mínimas, 2007, Embora.
  • Crier aux Abois, 2008. Editions de L' Amandier.
  • Tres logomonos. 2011. Laiovento.Inclúe:
  • Colgados.
  • Pisados.
  • Snakizados.
  • Isóbaras, 2013, Xerais.

Ensaio

  • Os ollos de Victorine e a construcción da cuarta parede, 2006, Laiovento.

Obras colectivas

  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
  • A Sucursal en Banqueiros, 2012, Laiovento.
  • 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
  • Colgados, en rev. RGT (Revista Galega de Teatro) 2010.
  • Azuis, en Vidas do Mar. 2008. Autoridade Portuaria da Coruña.
  • 90 Cabalos, en A Fontanela. 2007. Galicia Hoxe.
  • Móbiles, en Cadernos de Mariñán 1. III Encontro de Escritores Galegos. Deputación da Coruña.
  • Palabras na montaña. 2006. Abano
  • Pegadas no camiño, 2004. Acción contra el hambre.
  • Galicia e a Residencia Teatral. 2001. Consello da Cultura Galega.
  • Ladraremos, en La Nueva Dramaturgia Gallega.1998. ADE. (Asociación de Directores de España)
  • Escola Superior de Arte Dramática. 1998. Consello da Cultura Galega.
  • Círculo Vicioso, en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. 2013. Universidade Complutense de Madrid.
  • Johnny Guitar cabalga de novo, en rev. Casahamlet, 2013.
  • Comodín de Miranda, en rev. Casahamlet, 2011.
  • Mala Estrela, en rev. Casahamlet, 2010.
  • Detrás da Noticia, en rev. Casahamlet, 2008.
  • Elevador 05, en rev. Casahamlet, 2007.
  • As Pílulas do doutor Negrín, en rev. Casahamlet, 2006.
  • Avispas en Febrero, en rev. Estreno. USA.
  • Caníbales na Cidade, en rev. Casahamlet, 2005.
  • Mentres Falo Contigo, en rev. Casahamlet, 2004.
  • A Vella Sensación do Prohibido, en rev. Casahamlet, 2001.
  • Ruínas, en rev. Casahamlet, 2000.

Premios literarios

  • Premio Compostela no 1991, por O Galego, A Mulata e O Negro.
  • Premio María Casares no 1996, por Ladraremos.
  • Premio Rafael Dieste no 2001, por Footing.
  • Premio Rafael Dieste no 2005, por Final de película.
  • Premio Max das Artes Escénicas no 2006, por Paso de cebra.
  • Premio Max de las Artes Escénicas no 2007, (ex aequo) por Final de Película.
  • Premio AELG de teatro no 2007, por Medidas preventivas.
  • Premio Roberto Vidal Bolaño, 2008, (xunto a Anxela G. Abalo e Ancora Produccións a toda a traxectoria) Concello de Gondomar.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2012, por Isóbaras.
  • Premio Maruxa Villanueva do Concello de Padrón no 2013, por Snakizados.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura dramática de 2013, por Isóbaras.

Obras de teatro representadas

  • O galego, a mulata e o negro, 1990, pola que recibe o Premio Compostela ao Mellor Texto Dramático (1991) sendo nomeado como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo.
  • Ladraremos -Comedia de amor e medo-, 1996, que acada o I Premio María Casares de Teatro Ó Mellor Texto Dramático Orixinal, quedando finalista como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo.
  • Fábula -Comedia nun só acto... sexual-, 1997. Nomeada en seis apartados no II Premio María Casares de Teatro, Mellor Espectáculo, Mellor Texto Dramático Orixinal, Mellores Actores Protagonistas, Mellor Escenografía e Mellor Vestiario.
  • Anatomía dun hipocondríaco -Comedia Médica-, 1998. Nomeada no III Premio María Casares como Mellor Texto Dramático Orixinal e Mellor Escenografía
  • Sucesos, 2000.
  • Footing, 2001, Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña.
  • Paso de Cebra, 2004.
  • Final de película, 2006.
  • Medidas Preventivas, 2007.
  • Taras Mínimas, 2007 e 2010.
  • Cronicaragua, 2008
  • Colgados, 2009.
  • Pisados, 2011.
  • Snakizados, 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Gustavo Pernas na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.