Francisco Fernández Liñares

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth1951
Age74 years
The details

Biography

Francisco Fernández Liñares, nado en Dumbría en 1951, é un economista e político galego, do PSdeG.

Traxectoria

Licenciado en Economía, aprobou unhas oposicións a funcionario do estado e acabou recaendo na subdelegación do goberno en Lugo a finais dos anos noventa. En 1999 integrou a lista do PSdeG ao concello de Lugo, encabezada por Xosé López Orozco, e foi elixido concelleiro. Ocupou a carteira de Seguridade, encargada da policía municipal, durante ese primeiro goberno Orozco. Revalidou o seu escano de concelleiro no goberno municipal en tres ocasións, mudando as carteiras: economía, zona rural e finalmente urbanismo.

En 2008 deixou o goberno municipal ao ser nomeado presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, posto onde permaneceu ata que o equipo de Mariano Rajoy (Partido Popular) venceu nas eleccións Xerais 2011 en España. Foi substituído por Francisco Marín Muñoz. A seguir foi destinado a un posto na mesma Confederación, pero na sede de Lugo.

En setembro de 2012 foi detido en relación coa Operación Pokémon, acusado de participar nunha trama de subornos e prevaricación mentres fora concelleiro en Lugo.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.