Francisco Castro Represas

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth1905, Vigo
Death23 April 1997 (aged 92 years)
The details

Biography

Francisco Castro Represas, nado en Vigo o 11 de xuño de 1905 e finado ibídem o 23 de abril de 1997, foi un arquitecto galego.

Traxectoria

Real Club Náutico de Vigo, 1944.

Licenciouse en Madrid en 1932. De volta en Vigo, asociouse con Pedro Alonso Pérez en 1940, con quen traballou ata 1988. Na súa obra, que evolucionou do eclecticismo ao racionalismo, destaca o emprego do granito, o uso de balconadas e de cornixas corridas.

Foi nomeado vigués distinguido en 1993.

Obra

Edificio Pernas (1941) dende a praza de América.

Son obras, entre outras, de Castro Represas:

  • O Edificio Ribas, na rúa Marqués de Valladares 22, esquina coa rúa Colón.
  • Os números 4 e 6 da praza de Compostela.
  • O Edificio Sanchón ou de Natalio Sanchón (1935) na rúa Policarpo Sanz.
  • A fábrica de conservas de Ribas (1935-38) na r/ Beiramar esquina r/ Ánimas.
  • O Edificio Cesáreo González (1938) na praza de Portugal.
  • O Edificio Jesús Crespo Filgueira (1938) na rúa Cuba esquina Urzáiz.
  • O Edificio Curbera ou Edificio de José Curbera (1939), na rúa García Barbón.
  • O Edificio Barreras (1940) na rúa Colón.
  • O Edificio Pernas (1941) que ocupa todo o rueiro formado pola Gran Vía coas rúas López Mora e Ramón González Sierra.
  • O Edificio Albo (1942) na Gran Vía esquina Urzáiz.
  • O Real Club Náutico de Vigo (1944-45).
  • O Edificio Miguel Seijo Serodio (1945).
  • O Edificio comercial para José González (1949), na rúa Marqués de Valladares.

    Galería de imaxes

    Edificio Natalio Sanchón, 1935. 
    Edificio Curbera, o rañaceos, 1939. 
    Edificio Albo, 1942. 

    Notas

    Véxase tamén

    Bibliografía

    • "CASTRO REPRESAS, Francisco" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
    • Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 225-226, 2010-2011, Ir Indo, Vigo.

    Outros artigos

    • Racionalismo arquitectónico

    Ligazóns externas

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.