Biography
Gallery (1)
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Debuxante galego | ||||
Places | Spain | ||||
was | Painter Cartoonist | ||||
Work field | Arts | ||||
Gender |
| ||||
Birth | 27 August 1933, Ourense, Ourense Province, Galicia, Spain | ||||
Death | 17 June 2016Vigo, Pontevedra Province, Galicia, Spain (aged 82 years) | ||||
Star sign | Virgo | ||||
Family |
|
Biography
- Non confundir con Fernando Quesada Castro, catedrático de Filosofía Política da UNED.
- Non confundir con Fernando Quesada Sanz, catedrático de Arqueoloxía da UAM.
Fernando Quesada Porto, nado en Ourense o 27 de agosto de 1933 e finado en Vigo o 17 de xuño de 2016, foi un viñetista, pintor e funcionario galego, coñecido polo seu traballo para Faro de Vigo.
Traxectoria
Xogou domo dianteiro centro e extremo no Club Deportivo Ourense.
Autodidacta e membro dunha extensa familia de artistas (irmáns seus son: Carlos, Antonio e Xaime Quesada Porto e sobriños: María Fe Quesada Rodríguez e Xaime Quesada Blanco), traballou como caricaturista para varios medios, como Arriba (dirixido por Manuel Blanco Tobío), Pueblo, Blanco y Negro, Interviú, Cambio 16, La Codorniz, Can sen dono, La Región ou La Opinión de Zamora, mais, principalmente, para Faro de Vigo, onde ingresou chamado por Xosé Díaz Jácome e estivo durante cincuenta anos, de 1961 a 2011, chegando a ser o decano dos humoristas gráficos galegos.
En 1960 casou con Ana Legido Otero (1939-2012), tamén pintora, coa que tivo seis fillos, dos que lles sobreviviron catro: María Teresa (1962, pintora), Beatriz (1963, xornalista), David (1970, empresario) e Alejandro (1975, tamén pintor).
Foi funcionario, inspector xefe do Servizo de Vixilancia Aduaneira e xefe provincial de Pontevedra.
Varias editoriais galegas publicaron libros de recompilacións dos seus debuxos:
|
Das súas obras pictóricas, figurativas e de tendencia expresionista, presentes en pinacotecas como o Museo Municipal Quiñones de León ou a Colección Afundación, destacan: Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998).
Recoñecementos
Entre outros, obtivo o premio Mingote do xornal ABC (1969), o Premio Humor Gráfico da Xunta de Galicia (dúas veces) e o premio da ONCE.
Notas
- ↑ Compendio de bibliografía dedicada a Fernando Quesada Porto
- ↑ Gran Enciclopedia Galega. El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ «Fernando Quesada, el inolvidable humorista gráfico…» Faro de Vigo, 18/6/2016 (en castelán).
- ↑ Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 469. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Biblioteca Nacional de España
- ↑ Imaxe da portada de Cousas da terra
- ↑ Chispas de Quesada en Dialnet.
- ↑ Fernando Quesada na Colección Afundación.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. p. 242. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. 2010-2011. p. 143.
- ↑ «Todos los premiados», xornal ABC
Véxase tamén
Bibliografía
- "Quesada Porto, Fernando". Diccionario enciclopédico galego universal 51. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 68. ISBN 84-7680-429-6.
- "Quesada Porto, Fernando". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1729.
- Laiglesia, Álvaro de (prólogo) (1970). Humor gráfico español del siglo XX" pp. 176–177, Biblioteca Básica Salvat.
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 276–277. ISBN 84-7231-603-3.
- Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 185-186. ISBN 84-95364-15-8.
Outros artigos
- Luís Davila
Ligazóns externas
- galegos.galiciadigital.com
- Tebeosfera.com (en castelán).
- Bragado, Manuel: «Chispas de Quesada» 18/11/2007.