Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 10 January 1908, A Coruña | |
Death | 3 December 1936Santiago de Compostela (aged 28 years) |
The details
Biography
Fernando Domínguez Caamaño, nado na Coruña o 10 de xaneiro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
Na Segunda República foi funcionario municipal do concello de Santiago de Compostela. Militante de Izquierda Republicana. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación de Izquierda Republicana. Foi detido aos poucos días. Xulgado en consello de guerra e acusado de traizón, foi defendido polo seu parente o avogado José Reino Caamaño, pero foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.