Fernando Castro Paredes, nado no ano 1975 en Tapia (Asturias), é un escritor galego. Exerce como profesor no IES Fernando Blanco de Cee.
Traxectoria
É licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Cultiva diversos xéneros literarios destacando no seu labor como dramaturgo. É membro activo do grupo de teatro afeccionado Farándula Velutina pertencente á Asociación cultural "Ás nove Musas" de Corcubión, e un dos directores de Tuéjele Teatro, agrupación escolar do IES Fernando Blanco de Cee. Ten acadado varios premios literarios : Accésits do Premio Francisco Añón de Poesía, Premio de Narrativa Historias Na Universidade, Premio Varela Buxán de Textos Teatrais, Premio Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, Accésit do Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, Premio de teatro Rafael Dieste e Premio II Certame de Nova Dramaturxia Galega.
Obra
Poesía
- Caderno de don(i) celas
- Coma se nada sucedese
- Excrementos
Narrativa
Teatro
- Pallaso
- A derradeira bala
- No ventre da balea
- Amorodo agre
- Papiroflexia
- Animais de compañía
- Ofelia ou o cabeiro da cóbrega
Premios
- Accésits do Premio Francisco Añón de Poesía por Caderno de don(i) celas, Coma se nada sucedese e Excrementos.
- Premio de Narrativa Historias Na Universidade por O espacio exterior.
- Premio Varela Buxán de Textos Teatrais por Pallaso no 2017.
- Premio Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, por A derradeirta bala no 2018.
- Accésit do Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle por No ventre da balea.
- Premio de teatro Rafael Dieste por Amorodo agre no 2019.
- Premio II Certame de Nova Dramaturxia Galega por Ofelia ou o cabeiro da cóbrega no 2020.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas